Fruta Congelada de Hacendado

Coñeces a Froita Conxelada de Hacendado?

05 de abril de 2017

A nova Froita Conxelada de Hacendado, permíteche gozar comodamente da froita en calquera momento. Ideal para batidos, smoothies, cócteles, pastelería…

4 tipos de Froita Conxelada Hacendado, cal prefires?

En Mercadona encontrarás 4 tipos de Froita Conxelada Hacendado, cuxo único ingrediente é a froita natural. Estas son as opcións que tes:

  • Mestura Froitas Vermellas: amorodos, grosellas negras e vermellas, framboesas e arandos silvestres.
  • Manga Dados
  • Amorodos Enteiros
  • Ananás Anacos

Coa Froita Conxelada de Hacendado terás no teu conxelador froita natural. Pódela encontrar na sección de Vexetais Conxelados da túa tenda.

Como gozar da Froita Conxelada Hacendado?

A Froita Conxelada Hacendado está dispoñible en bolsas de 300 gramos.

Descubre todas as súas posibilidades: mellorar os teus almorzos ou iogures, abraiar poñéndoas nun cóctel, empregándoas en pastelería ou para faceres un delicioso batido ou cóctel.

Para elaboracións quentes, emprégaa sen desconxelar; para elaboracións frías utilízaa a conveniencia, por exemplo, facendo directamente un batido coa froita conxelada para que quede ben frío.

Se a vas desconxelar, recomendámosche que introduzas a froita no frigorífico durante 5 horas, colocándoa sobre un prato nunha soa capa. E, unha vez desconxelada, non a volvas conxelar.

Goza de todas as vantaxes da froita, dispoñible en calquera momento e época do ano.

Outras recomendacións

Unhas bebidas que tamén son moi refrescantes e nutritivas son os novos zumes frescos de Hacendado, con 4 variedades diferentes para escoller.

Se ademais queres manter unha dieta saudable, podes aproveitar nas túas saladas as novas sementes de Mercadona: Sementes de Chía, de Liño, de Xirasol e de Cabaza Naturais, así como Mesturas de Sementes, xa dispoñibles en Mercadona.