Aprende a preparar 4 deliciosas receitas coa nosa Cebola frita en lata

Volve a nosa Cebola frita en lata! Suxerímosche 4 receitas infalibles

30 de xuño de 2023

Ten sempre á man Cebola frita en lata. É un produto moi versátil que podes incorporar a diversas preparacións: tortillas, rustridos, salsas, sopas, arroces, gornicións de carne e peixe, hamburguesas…

Un produto que che brinda unha gran comodidade na cociña. A Cebola frita en lata é un produto básico na túa despensa que che permite aforrar tempo e esforzo ao non ter que pelar, cortar e cociñar a cebola fresca. Ademais, evita o risco de bágoas e o olor intenso que as caracteriza. Verdade que pode ser moi útil?

Agora, este produto volve ás nosas tendas grazas ás suxestións que nos fixestes para recuperalo. Coma sempre, gústanos escoitar aos nosos clientes e por iso volve estar á vosa disposición.

Para inspirarte e aproveitalo ao máximo, suxerímosche catro receitas que son das máis habituais con este produto.

Ideas de receitas coa nosa Cebola frita en lata

Tortilla de pataca con cebola

Ideas de recetas con nuestra Cebolla frita en lata: tortilla de patata con cebolla

(para 2 persoas)

1. Pela e corta 2 patacas en láminas finas, lávaas en auga fría e sécaas.

2. Unha vez secas, pon as patacas nunha tixola con abundante aceite de oliva e cocíñaas a lume baixo.

3. Cando comecen a dourar, retíraas do lume e escórreas en papel absorbente.

4. Engade as patacas aínda quentes sobre 4 ovos cascados, 2 culleradas de cebola frita e un chisco de sal. Mestura.

5. Deixa repousar o conxunto uns 10 minutos no ovo.

6. Engraxa e quenta unha tixola cun fío de aceite.

7. Incorpora a mestura de tortilla e calla ben durante un par de minutos.

8. Dálle a volta á tortilla coa axuda dun prato ou dunha tapa e calla polo outro lado.

9. Cociña a lume baixo, dándolle a volta cada pouco, ata que o interior quede segundo vos guste.

Longaínzas guisadas con cebola

Ideas de recetas con nuestra Cebolla frita en lata: longanizas guisadas con cebolla

(para 2 persoas)

1. Cociña 6 longaínzas a lume medio, dourándoas por ambas as dúas caras. Reserva.

2. Retira o exceso de graxa da tixola e engade 2 culleradas de cebola frita.

3. En canto quente a cebola, engade de novo as longaínzas, sube o lume e engade 1 vaso de viño branco.

4. Estufa todo xunto a lume medio non máis de 10 minutos, ata que reduza o viño.

5. Á metade de cocción engade 1 culleradiña de maicena disolta en 100 ml de auga.

6. Reduce ata obter unha salsa de cebola espesa. Corrixe de sal e sirve.

Lentellas con cebola, espinacas e bacallau

Ideas de recetas con nuestra Cebolla frita en lata: Lentejas con cebolla, espinacas y bacalao

(para 2 persoas)

1. Incorpora a unha pota 3 culleradas de cebola frita e tosta lixeiramente co propio aceite.

2. Esmigalla 150 g de bacallau e remove xunto á cebola.

3. Deseguida, incorpora 1 culleradiña de pemento doce, mestura e, seguidamente, 1 vaso de viño branco.

4. Ferve uns 5 minutos para que evapore o alcohol e engade o bote grande de lentellas cocidas.

5. Dálle unha fervura ao conxunto, rectifica de sal e pementa, e engade 50 g de espinacas co lume apagado.

6. Remove e sirve no prato cun fío de aceite virxe extra.

Hamburguesa con queixo de cabra e cebola

Ideas de recetas con nuestra Cebolla frita en lata: Hamburguesa con queso de cabra y cebolla

(para 2 persoas)

1. Cociña 2 hamburguesas nunha prancha.

2. En canto lles deas a volta, incorpora dúas cortadas de queixo de cabra a cada hamburguesa e 2 culleradas de cebola frita.

3. Tosta lixeiramente o pan brioche, coloca unha pequena base de eiruga e sobre esta a hamburguesa.

4. Repite coa outra hamburguesa e sirve.

Outras recomendacións

Se prefires a cebola fresca, temos 5 variedades para que escollas a que máis che guste e a máis adecuada para cociñar os teus guisos.

O noso Filme transparente con guillotina integrada é unha excelente solución para conservar os teus alimentos.