Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Aprende a preparar unha deliciosa receita rica en verduras e moi orixinal: Lasaña Vegana.

Receita de Lasaña Vegana

26 de marzo de 2019

Presentámosche a nosa Receita de Lasaña Vegana, unha forma diferente e moi saborosa de consumir verduras que che vai encantar. Ideal para os teus xantares e as túas ceas primaverais.

Este apetitoso prato combina capas de berenxena, champiñóns, alcachofas e tomate cunha bechamel a base de fariña integral, bebida de améndoas, cogomelos e un topping de améndoas e abelás.

É unha receita deliciosa e moi fácil de preparar, pensada para 4 persoas e que che levará uns 45 minutos a súa elaboración.

Sigue o vídeo paso a paso da Receita de Lasaña Vegana

Ingredientes para 4 persoas:

  • 2 berenxenas.
  • 2 tomates canarios.
  • 250 g de corazóns de alcachofa conxelados.
  • 350 g de champiñóns laminados.
  • 20 g de piñóns ibéricos.
  • 20 g de améndoas moídas.
  • 25 g de abelás tostadas.
  • Ourego.
  • Sal.

Para a bechamel de cogomelos:

  • 50 g de fariña de trigo integral.
  • Aceite de oliva suave.
  • 1 litro de bebida de améndoas sen azucres engadidos.
  • Salteado de cogomelos conxelados.

Paso a paso:

Se queres seguir o proceso paso a paso desta exquisita receita explicámosche todos os detalles a continuación.

1. Cortar a berenxena en láminas finas e deixar repousar en sal durante 20 minutos. Asar nunha prancha sen que escureza.

Paso 1 receta lasaña vegana

Paso 2 Receta lasaña vegana

2. Refogar lixeiramente os champiñóns e salgar.

Paso 3 Receta lasaña vegana

3. Cocer as alcachofas en auga fervendo con sal uns 15-20 minutos.

Paso 4 Receta lasaña vegana

4. Deixalas arrefriar e cortar en láminas.

Paso 5 Receta lasaña vegana

5. Saltear os piñóns sen que collan cor.

Paso 6 Receta lasaña vegana

6. Engadir as láminas de alcachofas.

Paso 7 Receta lasaña vegana

7. Untar unha bandexa de forno con aceite de oliva e ir colocando as seguintes capas: primeiro, a berenxena facendo base.​

Paso 8 Receta lasaña vegana

Paso 9 Receta lasaña vegana

8. Os champiñóns.​

Receta lasaña vegana Paso 10

9. As alcachofas con piñóns​

Paso 11 Receta lasaña vegana

10. O tomate cru cortado en láminas e ourego esparexido por enriba. Colocar na mesma orde unha segunda capa de cada.

Paso 12 Receta lasaña vegana

11. Para preparar a bechamel: poñer a lume suave e nunha tixola fonda dúas culleradas sopeiras de aceite de oliva suave, sal e uns 50 g de fariña integral.

Paso 13 Receta lasaña vegana

Paso 14 Receta lasaña vegana

12. Mesturar ben e engadir a bebida de améndoas pouco a pouco ata ter a salsa bechamel.

Paso 15 Receta lasaña vegana

13. Desconxelar e saltear os cogomelos conxelados tal e como sinala o produto.

Paso 16 Receta lasaña vegana

14. Triturar e mesturar os cogomelos coa bechamel ata que quede lixeiramente líquida

Paso 17 Receta lasaña vegana

Paso 18 Receta lasaña vegana

15. Verter a bechamel por enriba das láminas da lasaña vexetal ata que queden ben cubertas.

Paso 19 Receta lasaña vegana

Paso 20 Receta lasaña vegana

16. Machucar améndoas e abelás (uns 50 g entre os dous froitos), e esparexer por enriba da lasaña.

Paso 21 Receta lasaña vegana

17. Meter no forno a 180º previamente quentado e accionado por arriba e abaixo ata que doure a capa superior.

Paso 22 Receta lasaña vegana

Outras recomendacións

Se che gusta comer verduras de forma orixinal, proba tamén a nosa Receita de Espirais de Cabaciña con Pesto de Pistacho. Encantarache!