Probaches as Espirais de lentellas vermellas? Ademais dunha forma distinta de comer legumes, é un produto rico en fibra e proteínas (máis que unha pasta convencional) e libre de glute.
Se as combinamos cun ingrediente vexetal como as espinacas, con baixa achega calórica e alta en vitaminas e fibra, temos un prato moi completo.
Ideal para as persoas amantes do deporte, ou simplemente todas aquelas que coidan a súa alimentación. Se é o teu caso, aprende a preparar esta deliciosa receita. É moi fácil!
Sigue o paso a paso da nosa Receita de Espirais de lentellas vermellas con espinacas
Ingredientes para 4 persoas
- 320g de espirais de lentellas vermellas.
- 300g de espinacas.
- 2 dentes de allo.
- 40g de queixo parmesano.
- 25g de piñóns.
- 125g de queixo feta.
- 50ml de aceite de oliva.
- Sal.
- Pementa negra.
Paso a paso:
1. Tosta lixeiramente os piñóns nunha tixola cunhas gotiñas de aceite.
2. Coce as espirais entre 6 e 8 minutos cun pouco sal. Reserva unha pouca auga da cocción.
3. Refoga os dentes de allo picados nun pouco aceite durante un minuto. Engade as espinacas cortadas en anacos e refoga outro minuto. Bota sal e pementa.
4. Bota a metade das espinacas refogadas nun vaso batedor, engade o parmesano relado e unha pouca auga da cocción. Vai engadindo auga ata conseguir unha textura moi lixeira.
5. Engade pementa ás espirais e mestura coas espinacas refogadas sobrantes e a salsa que elaboramos.
6. Remata de servir no prato cos piñóns tostados e o queixo feta esmiuzado por enriba.
Outras recomendacións
Coñeces o Tahini? É unha pasta elaborada 100 % con sementes de sésamo, un produto totalmente natural, sen aditivos.