Escoitaches falar do Tahini? É un gran descoñecido no noso país que, pouco a pouco, vai facendo un lugar, sobre todo entre o público ao que lle gusta coidarse.
Por iso, queremos descubrirche esta pasta de sementes de sésamo, procedente de Oriente Medio, e suxerirche unhas cantas ideas de consumo. Vaiche encantar!
Características e propiedades do Tahini
- O Tahini é unha pasta elaborada 100 % con sementes de sésamo.
- A súa principal característica é que é un produto totalmente natural.
- Só contén un ingrediente, polo que non ten ningún aditivo.
- No ten lactosa nin glute e é apto para dietas veganas.
- É un produto saudable con gran achega en graxas non saturadas e fibra.
Modos de consumo e preparación
É ideal para preparar en torradas, acompañar con froita ou ensaladas, para dipear con pan de pita ou como ingrediente para elaborar diferentes receitas como Hummus ou Baba Ganoush. Contámosvolas a continuación:
Baba Ganoush
- Parte e salga unha berenxena partida pola metade.
- Engade un pouco aceite para que non se pegue e asa durante 40 minutos no forno a 200 ºC.
- Tempera e baleira a berenxena cunha culler e pica con axuda dun garfo ata conseguir un puré con algún anaquiño de berenxena.
- Engade 1 culleradiña de comiño, 1 cullerada de iogur grego, sal e pementa negra. Remove.
- Continua engadindo o zume de ½ limón e 1 cullerada de tahini. Mestura ata conseguir a textura desexada.
- Sirve no prato e aplana. Decora cun chisco de perexil picado, pemento doce e un chorriño de aceite.
Brócoli salteado con améndoas laminadas e salsa de tahini
- Corta 200 g de brócoli en arboriñas pequenas. Nunha tixola cun pouco aceite, saltea o brócoli uns minutos en series pequenas, sen amontoar o brócoli na tixola.
- Engade 30 g de améndoas laminadas. En canto douren as améndoas lixeiramente e o brócoli estea al dente, esparexe 1 culleradiña de comiño e sirve no prato.
- Nun batedor ou nun mesturador incorpora 4 culleradas xenerosas de tahini, 2 dentes de allo, 75 ml de zume de limón e 1 culleradiña rasa de sal.
- Decora o prato de brócoli aderezándoo coa salsa de tahini.
Torrada de plátano, arandos e tahini
- Sobre unha fogaza de pan unta o tahini, dispón o plátano cortado en rodas, media ducia de arandos e esparexe con sementes de sésamo torrado.
- Para iso, torrarás antes o sésamo nunha tixola sen aceite a lume forte uns 5 minutos, ata que quede dourado.
Galletas de tahini, dátiles e avea
- Nun mesturador ou batedor tritura 200 g de tahini xunto a 170 g de dátiles cortados en anacos. Mestura ben xunto a 200 g de avea moída ata conseguir unha masa homoxénea. Pode quedar algún anaquiño de dátil.
- Moldea unhas 5 ou 6 galletas coa masa, engade sementes de sésamo segundo vos guste e disponas sobre un papel de forno untado lixeiramente con aceite de oliva.
- Mete no forno 15 minutos a 180 ºC. Deixa que arrefríen e a gozar!
Outras recomendacións
Se buscas outras cremas de untar, saudables e con infinidade de opcións, tamén che pode interesar a nosa Crema de cacahuete.