Gústache acompañar a túa comida coas nosas Maionesas? Tes que probar a mellora de calidade que incorporamos. Ademais, reducimos notablemente a porcentaxe de plástico dos seus envases.
Se queres coñecer todo, sigue lendo!
Que melloras fixemos na calidade das nosas Maionesas?
Traballáronse diversas características do produto:
- Mellora do seu sabor.
- Textura máis densa.
- Redución de azucres.
- Utilización de aromas naturais e concentrado de limón.
Que melloras fixemos no envase destes produtos para reducir o plástico que conteñen?
- Substituíse o envase de plástico por tarros de vidro en catro produtos.
- Noutros dous produtos de maionesas, que aínda teñen envase de plástico, eliminamos o blíster (plástico que envolvía o envase) e cambiouse a etiqueta a papel.
- A redución de plástico nestes envases de maionesas supón un aforro de 900 toneladas deste material ao ano.
Forma de uso e dúas suxestións de receitas
Se queres probalas, só tes que abrir e consumir directamente para acompañar, dipear, aderezar e cociñar pratos fríos e quentes. Propoñémosche dúas receitas fáciles e deliciosas para que poidas combinala:
Espárragos brancos con maionesa
Podes preparar este entrante delicioso con só 3 ingredientes:
- Espárragos brancos.
- Maionesa.
- Perexil fresco acabado de picar para decorar.
Ensalada de pescada e gambas
E, tamén, un prato moi saboroso coa maionesa como ingrediente estrela.
Ingredientes:
- 2 patacas.
- 1 cenoria.
- 100g gamba alistada pequena.
- 2 latas de pescada ao natural.
- Aceite Oliva Virxe Extra.
- Sal.
- Pementa.
- Maionesa.
- Ceboliño.
- Picos, grissines e regañás.
Paso a paso:
1. Separa as cabezas das gambas. Leva a auga salgada a ebulición e ferve o corpo das gambas un minuto. Arrefría e pela.
2. Na mesma auga, ferve dúas patacas medianas sen pelar e unha cenoria coa súa pel xunto ás cabezas das gambas ata que as hortalizas estean cocidas. Retira e deixa que temperen.
3. Cando as patacas e a cenoria estean temperadas, pela e esgaza nun recipiente.
4. Pica as gambas cocidas, reservando media ducia para decorar. Mestura as verduras xunto a dúas latas sen líquido de pescada ao natural e as gambas picadas, removendo ben para que as patacas vaian xerando amidón e quede unha textura cremosa con algún anaco de pataca. Engade un bo chorro de aceite de oliva virxe extra. Bota sal e pementa. Arrefría na neveira.
5. Antes de servir, mestura con dúas culleradas sopeiras de maionesa e monta nun prato. Cubre a superficie cunha fina capa de maionesa. Decora coas gambas cocidas, ceboliño acabado de picar e aceite de oliva virxe extra.
6. Pódese servir acompañada de picos, grissines o regañás.
Outras recomendacións
Probaches o Tsatsiki? Se queres darlles un toque diferente aos teus pratos, proba esta salsa a base de iogur grego.