Aprende a preparar a nosa receita de Espirais de lentellas vermellas con espinacas

Receita de Espirais de lentellas vermellas con espinacas

28 de febreiro de 2022

Probaches as Espirais de lentellas vermellas? Ademais dunha forma distinta de comer legumes, é un produto rico en fibra e proteínas (máis que unha pasta convencional) e libre de glute.

Se as combinamos cun ingrediente vexetal como as espinacas, con baixa achega calórica e alta en vitaminas e fibra, temos un prato moi completo.

Ideal para as persoas amantes do deporte, ou simplemente todas aquelas que coidan a súa alimentación. Se é o teu caso, aprende a preparar esta deliciosa receita. É moi fácil!

Sigue o paso a paso da nosa Receita de Espirais de lentellas vermellas con espinacas

Ingredientes para 4 persoas

  • 320g de espirais de lentellas vermellas.
  • 300g de espinacas.
  • 2 dentes de allo.
  • 40g de queixo parmesano.
  • 25g de piñóns.
  • 125g de queixo feta.
  • 50ml de aceite de oliva.
  • Sal.
  • Pementa negra.

Paso a paso:

1. Tosta lixeiramente os piñóns nunha tixola cunhas gotiñas de aceite.

Imagen Texto 1 Fusilli espinacas

2. Coce as espirais entre 6 e 8 minutos cun pouco sal. Reserva unha pouca auga da cocción.

Imagen Texto 2 Fusilli espinacas

Imagen Texto 3 Fusilli espinacas

3. Refoga os dentes de allo picados nun pouco aceite durante un minuto. Engade as espinacas cortadas en anacos e refoga outro minuto. Bota sal e pementa.

Imagen Texto 4 Fusilli espinacas

4. Bota a metade das espinacas refogadas nun vaso batedor, engade o parmesano relado e unha pouca auga da cocción. Vai engadindo auga ata conseguir unha textura moi lixeira.

Imagen Texto 5 Fusilli espinacas

Imagen Texto 6 Fusilli espinacas

Imagen Texto 7 Fusilli espinacas

5. Engade pementa ás espirais e mestura coas espinacas refogadas sobrantes e a salsa que elaboramos.

Imagen Texto 8 Fusilli espinacas

Imagen Texto 9 Fusilli espinacas

6. Remata de servir no prato cos piñóns tostados e o queixo feta esmiuzado por enriba.

Imagen Texto 10 Fusilli espinacas

Imagen Texto 11 Fusilli espinacas

Outras recomendacións

Coñeces o Tahini? É unha pasta elaborada 100 % con sementes de sésamo, un produto totalmente natural, sen aditivos.