No verán un dos pratos máis apetecibles é unha ensalada fresquiña. Acompaña calquera comida ou cea estival das que te esperan con esta sinxela receita de Ensalada de Paus de Surimi e sorprende a túa familia e os teus amigos.
Engádelle lagostinos, corazóns de palmeira, eiruga, aguacate, cogombriños, rodas de olivas, alcaparras, millo doce, ceboliño e salsa maionesa con vinagre de Xerez.
Encontrarás todos os ingredientes necesarios en Mercadona. Una delicia para compartir!
Sigue o vídeo paso a paso para elaborar a Receita de Ensalada de Paus de Surimi
Ingredientes para 4 persoas:
- 1 paquete de paus de surimi
- Lagostinos pelados conxelados
- 1 bolsa de eiruga
- 1 bote de olivas en rodas
- 1 bote de cogombriños con sabor a anchoa
- 1 bote de alcaparras
- 1 bote de corazóns de palmeira ao natural enteiros
- 1 bote de millo doce
- 1 aguacate fresco
- 1 bote de maionesa
- Vinagre de Xerez
- 1 paquete de ceboliño
- Picos salgadiños
Paso a paso:
A continuación detallámosche todos os pasos para elaborar esta sinxela e refrescante ensalada. Que a gocedes!
1. Partir en anacos os paus de surimi, os corazóns de palmeira, os cogombriños e o ceboliño.
2. Cortar en lascas o aguacate.
3. Saltear os lagostinos nunha tixola con pouco aceite. Reservar.
4. Engadir nunha cunca maionesa e vinagre de Xerez. Mesturar ben e reservar
5. Colocar nunha cunca grande ou ensaladeira a eiruga, o surimi, os cogombriños, as alcaparras, as olivas en rodas, o millo doce e os corazóns de palmeira.
6. Mesturar ben todos os ingredientes.
7. Engadir os lagostinos.
8. Incorporar o aguacate.
9. Botar por enriba a salsa de maionesa con vinagre.
10. Esparexer o ceboliño; engadir unhas gotas de aceite de oliva se fose necesario.
11. E decorar cos Picos salgadiños.
Outras recomendacións
Se buscas outras receitas frescas para gozar neste verán, aquí tes varios pratos ideais para días calorosos:
- Receita de Ensalada Rusa con Pescada e Lagostinos.
- Receita de Gazpacho de Melón con Cubiños de Limón e Cecimbre.
- Receita de Gazpacho de Sandía con Cubiños de Limón e Xenxibre.
E se queres acabar a comida con sobremesa exótica, proba os nosos Mochis Xeados. Podes elixir entre manga e coco.