Este verán, poñémonos a salvo da calor preparando pratos frescos e lixeiros, moi estivais, propios da cociña mediterránea. Como esta exquisita Ensalada de Pasta con mozzarella, tomates cereixa, cabaciña e millo, unha combinación de ingredientes riquísima e moi fácil de preparar. Anímaste?
Sigue o paso a paso para a receita de Ensalada de Pasta
Ingredientes para 4 persoas:
- 400 g de laciños con vexetais
- 150 g de mozzarella en perlas
- 1 lata de millo doce
- 1 bandexiña de tomate cereixa
- ½ cabaciña
- Aceite de oliva
- Vinagre balsámico de Módena
- Sal en escamas
- Pementa negra
- Ourego
- Alfábega
Paso a paso:
1. Pon abundante auga a ferver. Xusto cando empece a ferver, bota a pasta e un pouco sal.
2. Fai a pasta al dente durante 9 minutos (para arrefriar a pasta non a poñas debaixo da billa de auga fría).
3. Corta os tomates cereixa pola metade.
4. Corta media cabaciña en láminas moi finas (tipo carpaccio).
5. Monta a ensalada con todos os elementos: a pasta, as perlas de mozzarella, os tomates cereixa, o millo e a cabaciña.
6. Aliña co aceite de oliva, unhas gotiñas de vinagre balsámico, un chisco de sal, pementa negra, alfábega e ourego secos.
Outras recomendacións
Outra receita fresca e estival: aprende a preparar tamén esta Ensalada de Arroz con Pementos.