Cando chega o bo tempo apetecen pratos frescos, lixeiros e ricos en verduras. Ensinámosche a preparar unha deliciosa Pipirrana con carochos, un prato popular en moitos lugares de España, especialmente na súa zona sur.
Este prato é un bo exemplo da dieta mediterránea. Aínda que admite diferentes variacións na súa preparación, segundo o territorio, a nosa receita inclúe atún e ovo duro, á parte de tomate, pemento, allo, aceite...
Sigue o paso a paso para a receita de Pipirrana con carochos
Ingredientes para 4 persoas:
- 1 bote de tomate enteiro pelado
- Atún claro en aceite de oliva
- 4 ovos cocidos
- ½ pemento de fritir
- 1 dente de allo
- Carochos
- Sal en escamas
- Aceite de oliva
Paso a paso:
1. Corta os tomates e o pemento en dados.
2. Separa as claras das xemas.
3. Pica as claras en anaquiños non moi pequenos.
4. Nun morteiro engade o dente de allo picado e o sal. Tritura.
5. Engade ao allo a metade do pemento que cortamos e tritura. Incorpora as xemas e tritura de novo. Engade o aceite e liga ata que nos quede unha mestura consistente.
6. Nun recipiente grande, xunta o pemento verde restante co tomate en dados, as claras e o atún.
7. Rectifica de sal e engade a mestura que preparamos anteriormente. Tapa con papel filme e mete na neveira durante 2-3 horas.
8. Pasado ese tempo, sirve acompañado de carochos de allo.
Outras recomendacións
Toma nota doutras dúas estupendas receitas estivais: Gaspacho de remolacha e Ensalada de figos.