Queres aprender a preparar unha exquisita Crema de cabaza e lentellas? É prato moi completo e fácil de cociñar, perfecto para coidarse no inverno e cumprir cos teus bos propósitos de alimentación.
Agora que apetecen tanto os pratos de culler quentes, goza desta estupenda combinación de ingredientes e sabores, está riquísima! Ideal como primeiro prato das túas comidas ou ceas.
Sigue o noso paso a paso da Receita de Crema de cabaza e lentellas
Ingredientes para 4 persoas:
- 1 bote de lentellas pardina
- 250 g de cabaza
- 700 ml da bebida vexetal preferida
- ½ pataca
- 1 cebola
- 1 ramiña de romeu
- 1 cullerada de tomiño
- Pementa negra
- Sal
- Aceite de oliva virxe extra
Paso a paso:
1. Cortar en anacos a cabaza e media pataca.
2. Asar no forno a 180 ºC durante 40 minutos.
3. Aos 35 minutos aderezar con romeu, aceite e sal.
4. Cortar a cebola en tacos pequenos e rustrila nunha pota.
5. Engadir a cabaza e a pataca asadas e refogar 5 minutos.
6. Engadir a bebida vexetal.
7. Rectificar de sal e pementa.
8. Engadir a metade do bote de lentellas e cocer 10 minutos.
9. Triturar todos os ingredientes na mesma pota (co lume apagado).
10. Poñer no lume de novo e engadir a outra metade do bote de lentellas e o tomiño.
11. Cociñar 1 minuto e servir cun toque de aceite e tomiño.
Outras recomendacións
Gústanche os pratos de culler quentes? Atención a esta receita de Crema de Brócoli con Améndoas. Se necesitas máis ideas para cociñar visita a nosa sección de Receitas.