Aprende a preparar a nosa receita de Bacallau con muselina de allo, moi saborosa e saudable.

Receita de Bacallau con muselina de allo

28 de marzo de 2023

Gústache o bacallau? Saboroso e moi versátil na cociña, o seu consumo aumenta nesta época do ano, sobre todo na Coresma e na Semana Santa. Pode prepararse ao forno, en guisos, á prancha… A todos nos veñen á cabeza pratos tradicionais que teñen o bacallau como protagonista, é un clásico dos nosos fogóns.

Este peixe branco presenta un baixo contido en graxas e unha boa achega de minerais (calcio, potasio, fósforo…), vitaminas do grupo B e ácidos graxos omega 3. Por todos estes motivos, é unha opción moi recomendable para a túa cesta equilibrada.

Anímaste a preparar un suculento Bacallau con muselina de allo?

Pódelo preparar con bacallau fresco, ao punto de sal ou incluso con bacallau salgado previamente desalgado para esta receita.(Coñece como desalgar o bacallau)

É moi fácil e rápido, pero con esta receita o resultado é inmellorable. Próbaa!

Sigue o paso a paso da nosa Receita de Bacallau con muselina de allo

Ingredientes para 4 persoas

  • 4 anacos de lombo de bacallau.
  • 12 pementos do piquillo.
  • Aceite de oliva.
  • Aceite de xirasol.
  • 1 dente de allo picado e sen o xerme.
  • 2 dentes de allo laminados.
  • 1 ovo.
  • 1 clara de ovo.
  • Fariña.
  • 1 chisco de sal.

Paso a paso:

1. Salga o bacallau. (Se é con bacallau desalgado non é necesario este paso, en caso contrario, podería resultar demasiado salgado).

Paso 1: Salar el bacalao

2. Pasa o bacallau por fariña e frite, volta e volta, nunha tixola con aceite de oliva.

Paso 2: Pasar el bacalao por harina y freír

3. Reserva os lombos de bacallau en papel absorbente e, cando escorra o aceite, colócaos nunha bandexa apta para o forno.

Paso 3: Reservar los lomos de bacalao en papel absorbente

4. Prepara unha maionesa no vaso do batedor con aceite de xirasol, un dente de allo picado e sen o xerme, un ovo e un chisco de sal.

Paso 4: Preparar una mayonesa en el vaso de la batidora

5. Monta unha clara a punto de neve.

Paso 5: Montar una clara a punto de nieve.

6. Con movementos envolventes incorpora a clara montada á maionesa.

Paso 6: Con movimientos envolventes se incorpora la clara montada

7. Dispón unha capa da muselina de allo sobre cada lombo de bacallau e méteo no forno para gratinar, previamente quentado a 200 ºC, non máis de 5 minutos.

Paso 7: Disponer una capa de la muselina de ajo sobre cada lomo de bacalao y llevar al horno

8. Doura dous dentes de allo laminados nunha tixola con aceite e incorpora enseguida os pementos do piquillo. Refoga un par de minutos ata que liberen o seu zume.

Paso 8: Dorar dos dientes de ajo laminados en una sartén

9. Retira do forno unha vez gratinado e sirve no prato o bacallau sobre unha cama de pementos do piquillo.

Paso 9: Retirar del horno una vez gratinado y emplatar el bacalao

Outras recomendacións

Liches a nosa Receita de bacallau á rioxana? É outra excelente opción se che gusta este peixe.

Nesta época do ano tamén son tradicionais as Chulas de bacallau. Aprende a preparalas.

Queres aprender uns trucos para cociñar con coliflor? Tamén combina á perfección co bacallau.