As Chulas de bacallau son clásicos nesta época do ano. Trátase dunha receita moi saborosa que pode funcionar perfectamente como aperitivo ou como segundo prato.
Prepáraas ao estilo tradicional seguindo esta sinxela receita. Vanche encantar!
Sigue o paso a paso da nosa receita de Chulas de bacallau
Ingredientes para 6 persoas:
- 375 g de bacallau sen espiñas
- 2 ovos
- 150 ml de auga
- 3 dentes de allo
- 10 g de perexil
- 50 g de cebola
- Aceite de oliva virxe extra
- 120 g de fariña de trigo
- 8 g de lévedo
Paso a paso:
1. Refogar a cebola e o allo picados moi finos.
2. Engadir os lombos de bacallau e o perexil tamén moi picados
3. Preparar unha mestura cos ovos batidos, a auga, a fariña e o lévedo barutados.
4. Unha vez ben batida a mestura engadir o bacallau coa cebola, allo e perexil. Mesturar.
5. Con dúas culleres coller a masa e verter en abundante aceite quente.
6. Fritir ata que se douren como chulas.
7. Sacar e deixar repousar sobre papel absorbente.
8. Servir as chulas.
Outras recomendacións
Se buscas un primeiro prato para acompañar a estas chulas, na nosa sección de receitas encontrarás unha morea de boas ideas.