Unha das mellores formas de sacar proveito ao bacallau é preparando esta tradicional receita de bacallau á rioxana. Os seus sinxelos ingredientes, así como o seu sabor, farán que non só sexa fácil de preparar, senón que lle guste a todos.
Ingredientes para 4 persoas:
- 4 lombos de bacallau.
- 2 cebolas grandes.
- 3 dentes de allo.
- 1 rebanda de pan tostado.
- 2 culleradas de tomate frito.
- 5 pementos chouriceiros.
- 425 ml de auga.
- Fariña de trigo.
- Sal.
- Aceite de oliva.
Paso a paso:
Deixámosche a continuación a elaboración paso a paso do bacallau á rioxana:
1. Poñer os pementos chouriceiros a remollo en auga durante unha hora, aproximadamente.
2. Cortar a cebola á xuliana e o allo en finas láminas.
3. Deixar escorrer os pementos, sacar toda a carne e reservar.
4. Poñer aceite de oliva nunha cazola a lume medio e refogar nel as cebolas cortadas en anacos. Cando se poñan transparentes, botar os dentes de allo.
5. Agregar a carne dos pementos.
6. Botar o pan esmigallado. Agregar as dúas culleradas sopeiras de tomate frito. Darlle unhas voltas e engadir unha pouca auga e sal. Deixar cocer a salsa a lume lento durante uns 20 minutos.
7. Enfariñar os lombos de bacallau e, logo, marcar as talladas un minuto polos dous lados nunha tixola cun pouco aceite de oliva.
#TEXT#
8. Pasar a salsa polo pasador de puré de forma que caia na cazola.
9. Colocar os lombos de bacallau na cazola e deixar cocer entre 10 e 15 minutos dependendo do grosor do peixe. Ter coidado de que quede no seu punto e non cocelo demasiado.
10. Rectificar de sal se é necesario e servir ben quente. Pódese decorar con pementos asados e cunha ramiña de ceboliño. E servir ben quente!
Se queres, podes facer esta receita con bacallau salgado, só tes que desalalo previamente.
Outras recomendacións
Outra receita moi tradicional son os chulas de bacallau. Aprende a preparalos
Propoñemos outra receita de bacallau con muselina de allo. Delicioso!