Descubre a mestura de larpeiradas que máis encaixa contigo, ampla variedade de sabores e texturas en cada bolsiña.

Mix de larpeiradas, prepárate para a diversión máis doce

11 de outubro de 2023

Coñeces as nosas mesturas de larpeiradas? Ofrecémosche os sabores e as texturas que máis che gustan nunha soa bolsa. Hai para todos os gustos!

Escolle a túa mestura favorita entre as nosas variadas opcións, deliciosas e coloridas. A elección perfecta para amenizar días especiais, para sorprender a quen ti queiras ou simplemente para ter un capricho nun momento especial. Ademais, cada bolsa contén un sistema de apertura e peche fácil, que che permite gozar das larpeiradas ao teu ritmo.

A diversidade de larpeiradas de cada paquete fainas ideais para compartir con familiares e amigos. Apúntaste á mestura?

Larpeiradas Mix Brillo e Fresi Pink Mix

Golosinas Mix Brillo y Fresi Pink Mix Hacendado Mercadona

Bolsiñas de larpeiradas de brillo, as máis alegres e relucentes:

  • Larpeiradas Mix Brillo: mestura ovos, osiños, dedos, cereixas e amorodos silvestres.
  • Fresi Pink Mix: tres tipos de amorodos diferentes con recheo

Fruit Mix e Pulpis Mix

Fruit Mix y Pulpis Mix Hacendado Mercadona

Unha experiencia de sabores variados e os polbiños máis divertidos e doces.

  • Fruit Mix: variadas larpeiradas con diferentes sabores a froita.
  • Pulpis Mix: larpeiradas con pica en forma de polbos e diferentes figuras do mar.

Larpeiradas Mix con pica e Larpeiradas Mix azucre

Golosinas Mix con pica y Golosinas Mix azúcar Hacendado Mercadona

Aventuras de sabores únicas, con cobertura de azucre, un punto ácido traveso e unha divertida variedade de formas.

  • Larpeiradas Mix con pica: cun toque ácido, inclúe sandías, dedos, amorodos silvestres…
  • Larpeiradas Mix azucre: larpeiradas con cobertura de azucre, como o plátano ou o corazón de pexego.

Rega Red Mix e Rega Black Mix

Rega Red Mix y Rega Black Mix Hacendado Mercadona

Descubre o fascinante mundo da regalicia e déixate levar polo seu intenso e variado sabor.

  • Rega Red Mix: con diferentes tipos de regalicia vermella, cada unha co seu propio sabor e textura únicos.
  • Rega Black Mix: bolsiña de regalicia negra. Unha combinación de matices intensos.

Rega Fruit Mix

Rega Fruit Mix Mercadona

Unha mestura de froitas preparada para sorprenderte. Goza do sabor a sandía, a amorodo e a manga con esta mestura tan colorida.

Xuxes Top Ten

Xuxes Top Ten Hacendado Mercadona

A selección definitiva. Esta bolsiña inclúe 10 larpeiradas diferentes e un total de 20 unidades (2 larpeiradas de cada tipo): mora, nube, banana, sandía e botella cola, entre outras.

Outras recomendacións

Para os teu momentos de lecer máis divertidos, tamén podes elixir as nosas Diverxuxes.

Unha boa opción doce para a túa cesta equilibrada é a Froita conxelada, que podes consumir en smoothies, batidos, marmeladas, con iogur...

Se che gustan as nosas Xelatinas, podes consumilas soas ou preparar deliciosas sobremesas con elas.