Aprende a preparar 4 deliciosas receitas coas nosas xelatinas.

Sabes todo o que podes preparar coas nosas xelatinas?

04 de xullo de 2023

Gústanche as xelatinas? Esta sobremesa lixeira e refrescante é unha excelente opción para o verán, que gusta a grandes e pequenos.

Podes consumilas soas ou seguir as receitas que che damos a continuación. Ten un capricho divertido con estas alternativas ás propostas máis tradicionais.

Pon a túa creatividade a funcionar e abre un novo mundo de sabor, textura e colorido para as túas sobremesas. Escolle o teu sabor favorito: amorodo, piña, arandos… con cal quedas?

Ideas de receitas coas nosas xelatinas

Sabías que as xelatinas ofrecen diversas posibilidades de consumo? Presentámosche unhas cantas suxestións de receitas deliciosas que se poden preparar con elas. Moi fáciles de preparar e riquísimas. Toma boa nota e sorprende aos teus invitados!

Mousse de amorodo

Ingredientes para una Mousse de fresa con gelatina de Mercadona

Ingredientes:

  • Un sobre de xelatina de amorodo
  • 500 g de iogur grego
  • 500 g de amorodos

Preparación:

1. Prepara a xelatina de amorodo e gárdaa na neveira ata que se solidifique.

2. Tritura o amorodo.

3. Bate a xelatina e o iogur grego.

4. Engádelle o amorodo triturado ao preparado anterior e mestúrao.

5. Arrefría a mestura na neveira ata gañar consistencia.

Torta de piña

Ingredientes para una tarta de piña con gelatina de Mercadona

Ingredientes:

  • Un paquete de galletas María
  • 100 g manteiga
  • 2 latas pequenas de piña
  • 500 ml de nata para montar
  • 2 sobres de xelatina (1 para o recheo e 1 para a cobertura)
  • Menta para decorar.

Preparación:

1. Prepara un sobre da xelatina de piña e gárdaa na neveira. Ten que estar case fría, pero sen chegar a callar.

2. Tritura as galletas e engádelle a manteiga fundida.

3. Coloca a masa no fondo do molde. Reserva na neveira.

4. Monta a nata, se está moi fría custará menos montala.

5. Engade a xelatina de piña que preparaches antes e mestura todo con movementos envolventes.

6. Verte a mestura no molde e gárdaa na neveira durante 4 ou 5 horas, se é dun día para outro moito mellor.

7. Prepara un segundo sobre de xelatina de piña.

8. Nun recipiente pon a piña co seu zume e o azucre, bate e cólaa. Leva a mestura ao lume e cando ferva, engade a xelatina. Mestura todo cunhas variñas e deixa arrefriar na neveira sen chegar a callar. Unha vez fría bótaa como unha capa superior da torta.

Panacota con xelatina de arandos

Ingredientes para una Pannacotta con gelatina de arándanos de Mercadona

Ingredientes:

  • 300 ml de nata
  • 150 g queixo crema
  • 70 g de azucre
  • 6 láminas de xelatina neutra
  • 1 sobre de xelatina de arandos
  • 200 ml de auga

Preparación:

1. Pon en auga as follas de xelatina neutra para hidratalas.

2. Nun cazo pon a quentar a nata, o queixo crema, o azucre e remove ata que estean todos os ingredientes integrados.

3. Cando estea ben quente e sen ferver, engade as follas de xelatina neutra escorridas.

4. Mestura ata a súa total disolución. Retira do lume e reserva.

5. Nun cazo, quenta a auga e engade a xelatina de arandos en canto comece a ferver. Remove ata disolver completamente.

6. Retira do lume e reserva.

7. Para montar a panacota, verte nos moldes unha capa de xelatina

de arandos e deixa que arrefríe. Unha vez sólida, engade unha capa de panacota e deixa que solidifique.

8. Repite unha vez máis a operación con outra capa de xelatina de arandos e outra de panacota, vixiando que cada nova capa se engada cando a anterior xa estea sólida.

9. Para desenmoldar a panacota, remolla o exterior dos moldes uns segundos en auga temperada.

Outras recomendacións

Co noso Impulsor Hacendado podes facer todo tipo de receitas doces: biscoitos, madalenas, etc.

Prepara un Batido de Pomelo e xenxibre, o máis refrescante do verán.

Coida as túas mañás con estas tres suxestións para un almorzo perfecto. Elixe a túa favorita.