3 propostas de almorzos completos e equilibrados.

3 ideas para o teu almorzo perfecto

12 de xaneiro de 2023

Que tomas para almorzar? A primeira comida do día é moi importante e debes coidala ao máximo. Seguro que hai un almorzo ideal para ti, que se adapta perfectamente ás túas necesidades. Axudámosche a encontralo con tres deliciosas suxestións.

E é que non existe un almorzo perfecto que sirva para todas as persoas. Todo depende das túas características individuais, do teu estado de saúde, da actividade que desenvolves e de moitas outras variables. Téndoas en conta, podes gozar dunha gran variedade de alimentos no teu almorzo que che acheguen todos os nutrientes que necesitas.

Que debe conter un almorzo ideal?

A primeira comida do día debe conter todos os macronutrientes e engadirlle micronutrientes indispensables:

  • Hidratos de carbono: unha boa fonte de cereais de gran enteiro é unha opción moi recomendable.
  • Proteínas: por exemplo, a que nos achega o ovo, os produtos lácteos, carnes, peixes e incluso os legumes (que poden integrarse en forma de hummus nunha torrada).
  • Graxas de calidade: procedentes do aceite de oliva virxe extra, do aguacate ou dos froitos secos (naturais ou tostados). É unha opción adecuada para axudarche a protexer o teu sistema cardiovascular.
  • Froita: engade unha boa ración de froita, que achega micronutrientes (vitaminas, minerais…) esenciais. Deste xeito, aseguras comezar a xornada cunha dose apropiada de antioxidantes e fibra soluble, vitais para o bo funcionamento do teu organismo. É preferible escoller sempre froitas de tempada.

Así pois, existen infinitas opcións de almorzos equilibrados que poden adaptarse aos teus gustos, ás túas preferencias, ao teu estado de saúde e á actividade física que realices habitualmente. Iso si, lembra sempre incorporar todos os macronutrientes e esa ración de froita. Empezarás o día coas túas necesidades nutricionais cubertas.

Ademais, podes acompañalo con infusións ou cafés, en función dos teus gustos. Apúntaste aos nosos almorzos saudables?

3 suxestións de almorzos equilibrados

Almorzo tradicional

Ideas de desayuno equilibrado: desayuno tradicional

Este é un almorzo completo que ten como base estes elementos fundamentais:

  • Torradas de pan de molde, sementes e pipas de cabaza con aguacate, tomate cereixa, requeixo e mestura de sementes.
  • Espeto de froita con kiwi, uva e piña.
  • Café só, café con leite ou coa bebida vexetal que máis che guste.

Almorzo lixeiro

Ideas de desayuno equilibrado: desayuno en bowl

Este tipo de almorzo cada vez ten máis partidarios, xa que permite introducir todos os macro e micronutrientes nun só prato. Ademais, prepárase moi rápido e achega un toque doce que agrada ás persoas larpeiras.

  • Papas de quefir 0 %, flocos de avea, cuarteiróns de laranxa, mel de flores e pipas de cabaza.
  • Infusión de xenxibre.

Almorzo alto en proteínas

Ideas de desayuno equilibrado: desayuno alto en proteínas

Para aquelas persoas que desenvolven unha actividade física intensa ao longo do día e necesitan unha alta achega de proteínas.

  • Ovos revoltos con salmón ao natural.
  • Miniensalada de tomates cereixa, cogombro, sementes de sésamo, ourego e aceite de oliva.
  • Vasiño de iogur natural, noces e arandos.

Outros produtos que podes incluír nos teus almorzos completos

Tortiñas de millo

Ideas de desayuno equilibrado: desayuno con tortitas de maíz

Proba este aperitivo recomendado para unha alimentación equilibrada. Podes tomalo nunha irresistible combinación xunto a aguacate con lima, tomates cereixa e salmón afumado ou escoller calquera outra das nosas ideas de consumo con tortiñas de millo.

Cereais

Ideas de desayuno equilibrado: desayuno con cereales

Os cereais integrais son perfectos para o almorzo e podes tomalos con leite, iogur, etc. Ofrecémosche diferentes opcións.

Cacao puro 100 %

Ideas de desayuno equilibrado: desayuno con cacao puro

Prepara unhas deliciosas Papas de avea con cacao puro 100 % para almorzar ou aproveita outras opcións que che ofrece este versátil produto.

Pans 100 % integrais

Ideas de desayuno equilibrado: desayuno con pan integral

O pan de avea é ideal para consumilo torrado ou sen torrar nos teus almorzos. Pero non só este: hai outros pans elaborados con fariñas 100 % integrais cos que tamén acertarás e podes elaborar unha gran variedade de receitas.

Crema de cacahuete

Ideas de desayuno equilibrado: desayuno con crema de cacahuete

A nosa Crema de cacahuete está elaborada cun único ingrediente: cacahuetes da mellor calidade. Ideal para eses almorzos doces que tamén son irresistibles.

Bebidas vexetais

Ideas de desayuno equili brado: desayuno con bebidas vegetales

Coida os teus almorzos coas nosas bebidas vexetais, dispoñemos dunha ampla variedade. Por exemplo, a nosa bebida de soia e vainilla, un produto que melloramos con mellor sabor e 0 % azucre.

Zume de laranxa natural

Ideas de desayuno equilibrado: desayuno con zumo de naranja natural

Perfecto para darlle aos teus almorzos a dose de froita necesaria e un delicioso e inconfundible sabor. Zume de laranxa fresco e natural acabado de espremer, elaborado con laranxas de proximidade.

Infusións para o frío

Ideas de desayuno equilibrado: Desayuno con infusiones para el frío

Se che gustan as infusións, goza de tres deliciosas propostas para combater o frío coas que podes completar o teu almorzo.

Outras recomendacións

Os nosos Quefir líquidos son moi beneficiosos e están especialmente indicados para almorzar. Dispoñemos das modalidades natural desnatado 0 % e vexetal con sabor a coco.

Coñeces as nosas Fogazas de pan? Prepara unha deliciosa torrada para empezar o día con bo ánimo.