As infusións e tés son opcións saudables e sinxelas de preparar. Ademais, son ideais para hidratarse e para tomar entre horas, incorporándoas á túa rutina ou gozándoas en momentos de relax.
Buscas algunha infusión concreta? Tomiño, rabo de cabalo en infusión, xenxibre, fiúncho, cúrcuma e un longo etcétera. O teu son os tés? ofrecémosche diferentes variedades segundo os teus gustos.
A nosa selección é moi ampla e acompaña moi ben os teus hábitos saudables. Encontra a túa infusión ou té ideal e goza do benestar en cada sorbo!
Infusións
Se tes algunha necesidade específica ou che gusta especialmente algunha herba, explora as Infusións de Mercadona e encontrarás o que buscas. Dende as alternativas máis clásicas ás mesturas máis exóticas ou dos sabores máis tradicionais a outros máis arriscados.
O rabo de cabalo, xenxibre, fiúncho, tomiño, tila, macela ou cúrcuma son algunhas das herbas que podes encontrar como protagonistas nas nosas infusións. Cales son as túas preferencias?
Infusións frías
As Infusións frías apetecen especialmente cando chegan os meses de calor. Axúdanche a manter os niveis de hidratación adecuados, polo que constitúen unha opción moi saudable. Escolle a túa infusión fría favorita, dispós de tres opcións ben distintas: de amorodo e hortelá, de piña e coco e de froitos vermellos. Se buscas unha experiencia aínda máis refrescante, podes engadir uns cubiños de xeo.
Tés
Aproveita o delicioso sabor e as propiedades antioxidantes da nosa familia de Tés: té negro, como o Chai e o té negro con canela; distintas variedades de té verde, entre elas o té matcha ou té vermello. Cal é o teu?
Outras recomendacións
Aprende a preparar o Té matcha ao estilo tradicional, en smoothie, ou matcha latte.
Descubre a nosa selección de Pastas e galletas, que inclúe variedades indicadas para acompañar o té ou o café.
Os nosos produtos +Proteínas axúdanche a manter unha dieta equilibrada e un estilo de vida saudable. Dispós de leite, iogures líquidos e sólidos en distintos sabores, sobremesas, xeados e xelatinas.