Achégase o verán e chega o momento de prepararte. Se che gusta coidarte e ter un estilo de vida cunha alimentación variada e equilibrada, nas nosas Infusións Funcionais encontrarás un aliado esencial para esta época do ano.
Estes complementos alimenticios poden axudar a coidarte e prepararte para este verán. Descubre as infusións funcionais!
Prepárate para o verán coas nosas Infusións Funcionais
- Rabo de cabalo: complemento alimenticio que axuda á eliminación de líquidos.
- Figura: mestura de plantas aromatizadas. Complemento alimenticio que axuda na eliminación de líquidos e no tránsito intestinal.
- Queima Graxas: mestura de plantas aromatizadas. Complemento alimenticio que axuda a activar o metabolismo para favorecer a eliminación de graxa localizada.
Modo de uso
- Verte 200 ml de auga fervendo sobre a bolsiña e deixa en infusión entre 5 e 8 minutos
- Non introduzas a bolsiña no microondas.
- Pódese edulcorar segundo che guste e/ou engadir xeo para tomar moi fría.
Indicacións
- Figura: 1 bolsiña ao día. Non o tomes en caso de embarazo ou lactación. Non se debe administrar a nenos menores de 12 anos. Non se debe prolongar o seu consumo máis de 2 semanas sen a recomendación dun especialista.
- Queima Graxas: 1 bolsiña-filtro ao día. Consulta o médico en caso de embarazo ou lactación. Non se debe administrar a nenos menores de 12 anos.
- Rabo de cabalo: Non se debe tomar máis de 3 bolsiñas-filtro ao día. Consulta o médico en caso de embarazo ou lactación.
- No se debe superar a cantidade diaria recomendada. Os complementos alimenticios non poden substituír unha alimentación variada e equilibrada e un modo de vida san. Débense manter fóra do alcance e da vista dos nenos máis pequenos.
Outras recomendacións
Como o verán está á volta da esquina, ademais destas infusións, infórmate sobre estes tratamentos para combater a celulite.