Diverxuxes Hacendado: unha completa selección de larpeiradas e caramelos para todos os gustos e para todos os públicos.

Diverxuxes, a mestura perfecta de larpeiradas e diversión

04 de xaneiro de 2019

Para estas festas, a mellor mestura de larpeiradas e diversión chámase Diverxuxes. Unha completa selección de larpeiradas e caramelos para todos os gustos e para todos os públicos: sobre todo para os pequenos… pero tamén para os non tan pequenos.

Ideais para compartir nestas datas tan especiais coa familia ou cos amigos e gozar xuntos das risas máis doces.

Diverxuxes Hacendado, as larpeiradas máis divertidas

Hai 6 tipos de Diverxuxes Hacendado para que o pasedes en grande:

  • Caramelo brando de goma: estes divertidos caramelos de goma preséntanse en distintos sabores e distintas cores.
  • Caramelos comprimidos: chámanse así as pastillas de pica pica cor pastel, uns comprimidos duros que se desfán ao morder cun sabor ácido e doce á vez. A risa está garantida!
  • Minihamburguesas: son larpeiradas formadas por tres pezas de caramelo de textura branda que se poden montar e desmontar. Imitan a estrutura dunha hamburguesa, por iso divirten á vez que adozan: a parte de abaixo simula o pan coa parte vermella que imita a carne; no centro o queixo e a leituga e arriba de todo outra cuberta de pan.
  • Calafríos: un bo nome para esta caramelo de sabor ácido, que deixa unha sensación refrescante e de burbulla no padal. Preséntanse nun sobre que contén dúas pastillas, cun lado liso e co outro que representa a cara do que toma esta larpeirada: cos ollos desorbitados e a lingua fóra!
  • Sweet Cakes: este caramelo de goma ten forma de pastel con tres capas de cores: branco, rosa intenso e rosa claro. Ule a amorodo con nata e ten un sabor doce. Pasaredes un bo momento con estas orixinais tortas de goma: a parte de abaixo é branda e a de arriba, a que fai de cobertura, é dura.
  • Top Xuxes Snacks Extratenras: para os que gustan dos caramelos de goma máis clásicos, esta bolsiña contén unha selección de caramelos de goma pequeniños de textura branda e sabor doce sen cobertura de azucre. Teñen formas de froitas.

As Diverxuxes Hacendado son un produto sen glute, apto para persoas celíacas.

Preséntanse nunha bolsa conxunta que contén todas as larpeiradas, cada unha co seu propio envoltorio.

Para pasar unhas festas doces e divertidas, o mellor son as Diverxuxes. Para toda a familia. Próbaas!

Outras recomendacións

Botaches unha ollada aos Doces de Nadal de Mercadona? Hainos para todos os gustos.