Os picos sen glute de Mercadona serán o teu mellor aliado para as túas comidas, petiscos e para acompañares os teus prebes favoritos.

Crocantes picos sen glute

21 de febreiro de 2018

Os picos sen glute de Mercadona son o acompañamento perfecto para calquera momento. Deixámosche algunhas ideas para que poidas incluír os picos sen glute en todas as túas comidas.

Picos sen glute para as túas comidas

Están pensados para ser consumidos por toda a familia, pois tampouco conteñen lactosa. A súa textura crocante e o seu sabor natural a pan vante abraiar. Podes usalos para acompañar sopas, carnes, peixes ou calquera outra receita.

Picos sen glute para os teus petiscos máis crocantes

Estes picos sen glute tamén son sensacionais para creares aperitivos realmente saborosos. Recomendámosche petiscar con eles e acompañalos de humus, salada rusa ou xamón.

Picos sen glute para dipear

Acompaña os picos coa gran variedade de salsas que encontrarás en Mercadona.

Alén diso, pódelos levar canda ti a todos os lugares para os consumires tamén sós entre horas.

Outras recomendacións

Combina os picos sen glute, e crea as mellores receitas, co Vasiño de Quinoa Branca e Vermella de Mercadona.