O 27 de maio celébrase o Día Nacional do Celíaco. Como todos os anos, Mercadona súmase a esta data para dar visibilidade e apoio a este colectivo. O noso compromiso é firme e demóstrase cunha ampla oferta de produtos sen glute.
Para que amplíes o teu receitario, propoñémosche unha receita exquisita de Pizza sen glute. Queres aprender a preparala?
Sigue o paso a paso para a receita de Pizza sen glute
Ingredientes para 2 persoas:
- 400 g de preparado panificable sen glute
- 250 ml de auga
- 1 sobre de lévedo de panadería
- 2 culleradas de aceite de oliva
- ½ berenxena
- ½ cebola doce
- 3 culleradas de tomate frito
- 100 g de queixo mozzarella
- 50 g de queixo anello
- 8 liscos de xamón
- Sal
Paso a paso:
Para a masa:
1. En un recipiente con agua tibia disolver la levadura.
2. Noutro cunco diferente incorpora o preparado e 5 g de sal e mestura.
3. Fai un oco no centro da mestura e engade a auga con lévedo e o aceite de oliva.
4. Amasa coas mans ata darlle forma de bóla.
5. Déixaa no recipiente e cubre cun pano. Deixa repousar nunha zona preto da calor durante 1 hora.
6. Parte a masa e reserva unha metade no conxelador para facer outras pizzas. Esparexe un pouco máis de preparado e amasa co rodo ata que quede fina.
Para a pizza:
1. Corta a berenxena en láminas de medio dedo de grosor con pel. Pona en auga e incorpora sal. Deixar repousar uns 30 minutos para que abrande e solte a acidez.
2. Seca a berenxena con papel de cociña. Nunha bandexa do forno pon a berenxena e a cebola cortada á xuliana tapadas con papel de aluminio. Mete no forno quentado previamente a 250º durante 10 minutos.
3. Unta a base da pizza co tomate frito e esparexe xenerosamente coa mozzarella.
4. Engade a cebola asada e as láminas de berenxena.
5. Mete a pizza no forno a 250º durante uns 12 minutos colocando a bandexa na parte baixa do forno en modo ventilador.
6. Unha vez feita a masa, decora co xamón en liscos e rela queixo anello por enriba.
7. Mete no forno apagado coa calor residual durante 2 minutos para que se termine de fundir o queixo
Outras recomendacións
Se che gusta a pasta, proba esta receita de Hélices sen glute con boloñesa vexetal. Queres aprender a preparar esta receita de Crocante de verduras sen glute?