AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Experimenta os sabores de Oriente na túa mesa co falafel de Mercadona.

Falafel de Mercadona acompañado de prebe tahina

16 de xaneiro de 2018

A cociña árabe e mais a india caracterízanse polo uso de ingredientes naturais, moitos deles vexetais, elaborados en receitas de intenso sabor. Desde Oriente recuperamos a tradicional receita do falafel, coñecida desde tempos bíblicos: unha especie de croqueta de garavanzos e fritida en aceite, de excelente sabor.

O falafel de Mercadona preséntase nun cómodo envase, listo para tomares, que contén 6 boliñas de falafel por tarriño e mais o prebe tahina, que combina moi ben cos sabores vexetais.

O falafel adoita tomarse nos seus países de orixe con pan de pita e mais con varios prebes, acompañado de salada. Resulta perfecto como aperitivo, entrante ou para petiscares en calquera momento do día.

Outras Recomendacións

Se che gustan os sabores orientais, non deixes de probar o recheo para kebab con carne de polo e vitela de Hacendado.