Pensabas que o cacao só serve para mesturalo co leite? En realidade, é un produto que ten unha gran versatilidade na cociña.
Sigue lendo, vaste sorprender coa cantidade de usos e posibles receitas que permite, especialmente no mundo da repostería e das sobremesas, aínda que vai moito máis alá.
Cacao puro sen azucres engadidos
O noso Cacao puro é un produto de altísima calidade, con 0 % azucres engadidos e sen glute, que poden tomar tanto adultos como os máis pequenos como substituto dos cacaos solubles azucrados.
Modos de consumo do Cacao puro
- Mesturado con leite e bebidas vexetais (sen edulcorar ou edulcorado segundo guste con calquera adozante). A mestura débese realizar coa bebida quente para garantir que se disolve ben.
- Aínda que tamén se pode disolver en frío, engadindo o cacao (segundo guste), despois engadindo moi pouco leite, creando unha pasta e engadindo o resto do leite mentres se remove.
- Serve para todo tipo de elaboracións en repostería (biscoitos, muffins, brownie, cremas…) que o requiran, tanto para esparexer por enriba como para mesturar co resto dos ingredientes. É preferible barutalo cun coador.
- Mesturado con iogures naturais ou queixo batido. Engadindo o produto e removendo. Pódese tomar tamén só ou edulcorando segundo guste.
Paso a paso para preparar 3 receitas deliciosas con Cacao puro
Brownie de cacao
- Quenta o forno a 160º.
- Parte en anacos 120 g de noces peladas. Derrete 125 g de manteiga e reserva.
- Nun recipiente mestura 6-7 dátiles con 80 g de cacao puro e engade 1 cullerada de aceite de oliva. Mestura ata que todos os ingredientes estean ben incorporados.
- Engade un chisco de sal, unha culleradiña de extracto de vainilla e 3 ovos un a un, mesturándoo todo ben.
- Engade 65 g da fariña que máis vos guste e mestura ata a súa total incorporación.
- Verte a mestura nun molde rectangular forrado con papel de forno e méteo no forno durante 25-30 minutos.
- Deixa arrefriar e xa se pode cortar.
Porridge de avea con cacao
- Nunha cazola pon todos os ingredientes: 3 cuncas de leite ou bebida vexetal, unha cullerada do adozante que máis vos guste (azucre, mel, xarope…), 2 culleradas de cacao puro e unha cunca e media de avea.
- Quenta todo ata que se reduza o líquido.
- Sirve con améndoa laminada, coco e un pouco cacao en po.
Smoothie de cacao
- Nun vaso de batedor introduce todos os ingredientes: unha cunca de leite ou bebida vexetal, ½ cunca de avea, 1/3 de cunca de abelás, un plátano e unha cullerada de Cacao puro.
- Bate todo e listo para gozar!
Outras recomendacións
Queres máis ideas para os teus almorzos ou as túas merendas? Proba os nosos novos Cereais de Avea Crunchy.