Nesta época do ano, preocupámonos aínda máis por coidar a nosa alimentación. Se aínda non descubriches Cereal Mix, presentámosche esta rica mestura de cereais da máxima calidade. Combínaa ao teu gusto!
Que é Cereal Mix?
Este mix de cereais saudables, sen azucre nin edulcorantes engadidos, está composto por unha mestura de avea, quinoa, arroz inflado e flocos de millo.
Destaca pola súa extraordinaria versatilidade á hora de consumilo con outros alimentos. Pódese tomar con leite, bebidas vexetais, iogur, iogures líquidos… e combinarse con diferentes toppings como froita, froitos secos ou cacao puro. Como ti prefiras!
Ademais, é unha mestura saciante e 100 % natural.
Cereal Mix, ideal para almorzos e merendas
Co noso Cereal Mix dirás adeus á monotonía, cada almorzo e merenda converterase nunha experiencia nova. Ti elixes a mellor compañía para esta orixinal mestura de cereais; para iso, aquí che deixamos unhas cantas ideas:
- Cereal Mix + iogur líquido, plátano e cacahuete en po.
- Cereal Mix + iogur líquido con amorodos, sementes de chía, coco relado, granada.
- Cereal Mix + bebida de abelás, arandos, froitos secos, cacao puro en po.
- Cereal Mix + queixo fresco batido, manga e labras de chocolate 85 %.
- Cereal Mix + iogur 0 %, abelás e froitos vermellos.
Que beneficios ten consumir Cereal Mix
É unha mestura única e equilibrada de cereais sen azucre nin edulcorantes engadidos. Cada un dos cereais que contén destaca pola calidade dos seus nutrientes e as súas múltiples propiedades beneficiosas.
- Avea inflada: alta en fibra, 10 % proteínas.
- Quinoa: baixa en graxa e alto contido en fibra.
- Arroz inflado: crocante, con antioxidantes e vitaminas.
- Flocos de millo: cociñados e torrados sen ningún extra.
Outras recomendacións
Coñeces os Cereais de Avea Crunchy? Teñen todas as vantaxes nutricionais dos copos de avea. Aprende a preparar 4 deliciosas receitas con este produto.