Gústache coidar a túa alimentación? consomes cereais de avea?
A avea é un ingrediente cun alto nivel de proteínas e fibra moi beneficioso para o teu organismo, xa que axuda a controlar os niveis de azucre en sangue e a reducir o colesterol; contén antioxidantes, minerais e vitaminas.
Os Cereais de Avea Crunchy son uns aneis de cereais extrusionados de avea integral especialmente indicados para os teus almorzos e merendas. Descúbreos!
Cereais de Avea cun 85% de avea integral e baixo contido en azucre
Estes cereais apórtanche todas as vantaxes nutricionais dos flocos de avea, pero nun formato crunchy (crocante).
Características:
- 85% de fariña integral de avea.
- Contén un 4,6% de azucre, necesario para darlle esta textura crocante.
Cal é a forma de consumo máis habitual dos Cereais de Avea Crunchy?
O máis frecuente é consumir estes cereais tanto con leite como con iogur, ou directamente sós. Recoméndanse, aproximadamente, 30 g por ración e decide ti con que azucralo!
Aprende a preparar 4 deliciosas receitas con estes cereais
Toma nota destas ideas de consumo con Cereais de Avea Crunchy, perfectas para coidar a túa alimentación:
Avea Crunchy con iogur + Proteínas sabor chocolate e con framboesas
Se che apetece algo doce e rápido esta receita é perfecta. Ademais, é unha combinación ideal para repoñer forzas despois de adestrar.
Ingredientes:
- Cereais Avea Crunchy.
- 1 iogur + Proteínas sabor chocolate.
- Framboesas.
Poñer o iogur + Proteínas de chocolate nunha cunca, engadir as framboesas e 30 g de cereais. Delicioso!
Avea Crunchy con queixo batido, arandos, framboesas, amorodos e mistura de sementes ou froitos secos
Unha idea perfecta para almorzar ou merendar, e o mellor de todo, facilísima!
Ingredientes:
- Cereais Avea Crunchy.
- Queixo batido.
- Mistura de sementes ou froitos secos torrados ou ao natural.
- Amorodos, framboesas e arandos.
Engadiremos ao queixo batido os Cereais de Avea, a mistura de sementes ou froitos secos que máis che gusten, arandos, framboesas e amorodos, pódelo azucrar como prefiras!
Avea Crunchy con iogur natural, mazá, noces e canela en po
Outra receita sinxela e superfácil de preparar!
Ingredientes:
- Cereais Avea Crunchy.
- Iogur natural.
- Noces cortadas en anacos.
- Mazá.
- Canela.
Poñer 30 g de cereais nunha cunca, cubrir con iogur natural, engadir mazá e noces en anacos e empoar con canela. A desfrutar!
Avea Crunchy con iogur bebible natural, plátano, po de cacahuete e chocolate 85%
Tes antollo de algo doce que sexa saudable?
Ingredientes:
- Cereais Avea Crunchy.
- Iogur bebible natural.
- Plátano.
- Anacos de chocolate negro 85%.
- Po de cacahuete.
Nunha cunca mistura o iogur cun plátano en toros, 30 g de cereais, empoa 2 culleradiñas de po de cacahuete e corta en anacos unha onza de chocolate. Espectacular!
Outras recomendacións
Aprende a preparar 4 deliciosas receitas con claras de ovo.