Queres darlle un toque orixinal aos teus cubos de xeo? Descubre paso a paso con estes trucos como preparar orixinais e deliciosos cubos para os teus combinados, zumes, cócteles como o mojito ou ata para un refrescante gazpacho.
Aprende a preparar cubos de xeo de cogombro, de froitas conxeladas e de limón e cecimbre, para sorprender a familia e os teus amigos.
Sigue o vídeo de trucos para preparar cubos de xeo
Ingredientes para cubos de xeo de cogombro:
- 1 cogombro
- Auga
Como preparar cubos de xeo de cogombro:
- Picar o cogombro en anacos pequenos.
- Poñer o cogombro picado nos espazos dun recipiente para facer cubos de xeo.
- Engadir auga.
- E conxelar.
Os cubos de cogombro son ideais para acompañar o gazpacho. Manterano fresco durante máis tempo e daranlle un sabor característico.
Ingredientes para cubos de xeo de froitas conxeladas:
- Mestura de froitas vermellas conxeladas Hacendado
- Manga en dados conxelada Hacendado
- Amorodos enteiros conxelados Hacendado
- Auga
Como preparar cubos de xeo de froitas conxeladas:
- Poñer a froita separada nos espazos do recipiente para facer cubos de xeo.
- Engadir auga.
- E conxelar.
Os cubos de xeo de froitas conxeladas poden dar un toque orixinal e creativo aos teus cócteles e zumes. Perfecto para cando teñas invitados.
Ingredientes para cubos de xeo de limón e cecimbre:
- Cecimbre
- Limón espremido
- Auga
Como preparar cubos de xeo de limón e cecimbre:
- Poñer na picadora o cecimbre cortado.
- Engadir o limón espremido.
- Engadir a mesma medida de auga..
- Triturar todo.
- Poñer no recipiente para facer cubos de xeo.
- E conxelar.
Os cubos de xeo de limón e cecimbre son perfectos para acompañar un mojito.
Aproveita estes trucos e prepara orixinais cubos de xeo, que sorprenderán a amigos e familiares, ademais de dar un sabor especial ás túas presentacións.
Outras recomendacións
Os cubos de xeo de limón e cecimbre tamén son ideais con esta Receita de Gazpacho de Melón, un prato refrescante e saboroso para o verán.
Outra opción de cubos orixinais é a que inclúe esta Receita de Gazpacho de Sandía con cubos de limón e xenxibre, cun sabor exquisito que encantará a amigos e familiares.