Aprende a desalgar o bacallau de forma correcta.

Cómo desalgar o bacallau correctamente

22 de marzo de 2023

O bacallau é, sen dúbida, un produto moi versátil e unha das prácticas máis habituais é desalgalo. Se elixes o bacallau salgado, debes ter coidado á hora de poñelo en auga para que reduza o seu contido en sodio (sal). Toma nota de todos os pasos que che indicamos a continuación!

Descubre como desalgar o bacallau

  • Pon o bacallau en auga fría e méteo no frigorífico para que non desprenda malos olores.
  • Cambia a auga polo menos 3 veces ao día.

Ten en conta os tempos para desalgar!

Primeiro é importante ter en conta factores coma o tamaño e o corte da peza ou o contido de sal que desexes, xa que influirán nos tempos para desalgar. Toma nota de todos os detalles que debes ter en conta:

Tempos recomendados desalgar o bacallau Mercadona

É un proceso que pode prolongarse ata 4 días, pero unha vez que o degustes no teu prato, encantarache!

Recomendacións para cociñar o bacallau

Cocción:

Cando a auga estea quente, engade o bacallau coa auga xusta para cubrilo. Unha vez que empece a ferver a auga, coce durante 6-7 minutos (dependendo do tamaño da ración).

Asar na grella:

Pasa o filete por aceite. Coloca o bacallau na grella cando esta estea quente. Asa uns 7 minutos (dependendo do tamaño da ración), por cada lado, retira cando as lascas de bacallau estean separadas.

Asar no forno:

Non se deben superar os 20 minutos no forno (dependendo do tamaño da ración) para evitar que o bacallau seque.

Agora que xa liches todos os consellos que temos para ti, é hora de preparar unha deliciosa receita con bacallau coidadosamente desalgado!

Outras recomendacións

Liches a nosa Receita de bacallau á rioxana? É unha excelente opción.

Nesta época do ano tamén son tradicionais as Chulas de bacallau. Aprende a preparalas.