Aprende a seleccionar os alimentos máis recomendables e a cantidade adecuada de consumo.

Cóidate con estes consellos: que alimentos comer, en que cantidade e como cociñalos

09 de septembro de 2024

Sabes como coidar a túa alimentación? A elección dos alimentos que tomas diariamente, a súa proporción e a atención ás cantidades que consomes son elementos fundamentais para manter unha boa saúde.

Acompáñanos, da man do Dr. Escribano (médico especialista en Endocrinoloxía e Nutrición) e descubriremos as claves para levar unha alimentación equilibrada, que asegure unha achega nutricional saudable.

Como elixir os grupos de alimentos?

Cuida tu alimentación con una buena elección de alimentos y cantidades.

É esencial seleccionar ingredientes ricos en nutrientes para incorporalos á túa alimentación diaria. Hai outros que, por teren menor valor nutricional, só podes consumilos ocasionalmente.

  • Froita e verdura: absolutamente básicas na nosa alimentación. Fontes de vitaminas, minerais e antioxidantes. Ricas en fibra.
  • Carnes: achégannos proteínas de alto valor biolóxico, xa que conteñen todos os aminoácidos que son esenciais para a estrutura dos nosos músculos e de gran parte do noso organismo. Tamén conteñen vitaminas (sobre todo do grupo B) e minerais como o ferro e o zinc.
  • Peixes: tamén nos achegan proteínas de alto valor biolóxico, así como unha ampla variedade de vitaminas (entre outras, A e D) e minerais (sodio, fósforo, ferro, iodo...). Nalgúns casos son ricos en aceites graxos saudables, como omega-3.
  • Leite e ovos: son tamén unha fonte importante de proteínas de máxima calidade. Ademais, o leite achéganos calcio, un mineral indispensable para o noso sistema óseo. Pola súa parte, os ovos son ricos en vitamina D.
  • Legumes, arroz, pasta, patacas e cereais: son indispensables pola súa riqueza en hidratos de carbono, que nos brindan a enerxía necesaria para desenvolver a nosa actividade muscular e, sobre todo, para a cerebral.
  • Froitos secos: os froitos secos son unha xoia da nosa alimentación. Achégannos gran variedade de nutrientes: proteínas, graxa insaturada, vitaminas, minerais... Ricos en antioxidantes e fibra insoluble.
  • Aceite de oliva: a mellor graxa do planeta, cunha extraordinaria achega de compoñentes indispensables para o noso organismo. Entre outros, antioxidantes e antiinflamatorios. O aceite de oliva de maior calidade é o Aceite de oliva virxe extra.
  • Pratos preparados e o noso servizo Listo para Comer tamén poden ter cabida na túa alimentación, xa que están preparados con produtos frescos e de óptima calidade. Ademais, facilítanche a vida ao axilizar as comidas diarias.

Que cantidade podes comer de cada grupo de alimentos?

Cuida tu alimentación con una buena elección de alimentos y cantidades

Á parte de facer unha selección de alimentos adecuados, cada un deles ten unhas cantidades de consumo recomendadas. Por iso, é tamén fundamental controlar a cantidade de comida que comes de cada grupo de alimentos.

  • Froita: hai que consumir de 3 a 5 pezas ao día. Calcúlase que unha persoa debe comer preto de 100.000 pezas de froita ao longo da súa vida.
  • Verdura: recoméndase 2 veces ao día. Isto supón unhas 70.000 verduras en toda a vida.
  • Carnes: 4 ou 5 veces á semana.
  • Peixes: 4 ou 5 veces á semana: 2 veces peixe azul e 3 veces o branco. Nestas doses podemos incluír tamén as conservas de peixe.
  • Lácteos: inclúen leite, queixo, iogures... hai que consumilos a diario.
  • Patacas: 2 ou 3 veces á semana.
  • Ovos: de 4 a 5 ovos á semana; non menos de 4, pero sen superar os 5.
  • Arroz, pasta, legumes e cereais: recoméndase un consumo de 2-3 veces á semana, tendo en conta sempre a actividade física que se leve a cabo.
  • Froitos secos: consumilos un mínimo de 3 a 5 veces á semana. O ideal é consumilos todos os días, pero en pequena cantidade.
  • Aceite de oliva: é un alimento de consumo diario. A dose adecuada é duns 30 centímetros cúbicos ao día, o que equivale a unhas 3 culleradas sopeiras todos os días.
  • Doces, galletas, bolos...: son alimentos que non deben ser protagonistas na nosa alimentación. Recoméndase o seu consumo ocasional.
  • Hidratación: sempre debemos coidar a nosa hidratación. As mellores fontes de hidratación son a auga e aquelas bebidas que teñen auga como compoñente principal. É moi importante beber auga con frecuencia, xa que é vital para garantir as funcións biolóxicas eficientes do noso corpo.

Por último, recorda que non se trata de eliminar grupos alimenticios enteiros, senón de facer eleccións saudables e adecuar ben a frecuencia e a cantidade de todo o que comemos.

Para iso, deixámosche este menú semanal moi completo, equilibrado e variado que che axudará a incluír moitos deses grupos de alimentos no teu día a día.

Como aproveitar mellor as súas propiedades a través da cociña?

Unha das cuestións que inflúen moito na nosa alimentación é como hai que preparar os alimentos. E niso ten moito que ver a cociña. A cociña é tempo, temperatura e un pouquiño de imaxinación, fundamentais para aproveitar o mellor posible os alimentos.

Por iso, dende Mercadona, facilitamos que os nosos produtos se poidan preparar de diferentes maneiras. Como, por exemplo, que sexan aptos para cociñar en frixideira de aire. Coñece aquí toda a nosa oferta para frixideira de aire e o seu modo de preparación.

Ademais, mastigar é fundamental porque iso fai que a dixestión sexa moito máis fácil, moitísimo máis rápida e moito máis eficaz. O recomendable é mastigar entre 20 - 25 veces en cada bocado. E, se é posible, cear unhas 2 horas antes de durmir, para facer ben a dixestión.

Outras recomendacións

Sigue os nosos consellos para completar A Túa Cesta Equilibrada e levar unha alimentación saudable.

Coñeces as Ensaladas verticais? Recomendámosche 5 receitas con ingredientes moi interesantes.

As nosas Bebidas vexetais son sas e deliciosas, aptas para todo tipo de dietas.