A case todo o mundo lle gusta o Atún en conserva, ben sexa en aceite de oliva ou ao natural, porque combina con todo e porque o seu exquisito sabor témolo asociado a pratos e guisos da nosa gastronomía que nos encantan.
O consumo deste peixe azul goza de gran popularidade en todo o mundo, grazas aos seus diversos beneficios nutricionais e á ampla variedade de preparacións.
O atún, un alimento moi versátil
Que fai do Atún en conserva un dos alimentos preferidos polo gran público?
- En primeiro lugar, hai que mencionar o seu agradable e intenso sabor e a súa textura inconfundible. Toda unha experiencia!
- É un produto moi polivalente, que vai ben con todo o que se che ocorra: ensaladas, tostas, bocadillos, sándwichs, empanadas e outros pratos máis elaborados.
- Ademais, é moi fácil de preparar e constitúe un perfecto “fondo de armario” para a nosa despensa. Sempre o temos aí para calquera urxencia. Basta con abrir a lata e facer nun momento un delicioso bocadillo de atún con olivas, ou mesmo consumilo directamente da lata...
- Consómese en calquera momento, ben sexa no xantar, aperitivo ou cea. E en calquera situación: na casa, na oficina, de pícnic, na praia...
- É un produto con baixo contido en graxa saturada e unha gran achega de Omega 3.
- Por se todo isto fose pouco, é un produto económico, accesible para calquera peto.
Ideas de cociña fácil e rápida con atún en conserva
O mellor do atún é que nos permite múltiples preparacións. Suxerímosche estas tres e invitámosche a explorar máis posibilidades. O atún non se acaba nunca!
- Tosta de atún con aguacate
Sobre una rebanda de pan de avea montamos unha base de eiruga, aguacate a láminas, atún, cebola morada crúa e lima.
- Ensalada de atún
Montamos a ensalada cunha base de feixóns brancos, cortamos tomate, ovo cocido e olivas negras. Acompañámolo con cenoria relada e atún. Esparexemos por enriba ceboliño.
- Tartar de atún
Mesturamos todos os ingredientes: arroz cocido, tomate, atún e aguacate. Aderezámolo cun pouco zume de lima e dámoslle forma de timbal (podemos utilizar un molde). Decoramos con coandro.
Outras recomendacións
Se tamén che gusta o salmón, presta atención a estas 4 suxestións de receitas con Salmón ao natural.