Ensinámosche a preparar catro exquisitas receitas con salmón ao natural.

4 suxestións de receitas con Salmón ao natural

17 de xuño de 2020

Probaches o noso Salmón ao natural? É un dos nosos produtos máis populares e unha das variadas formas que che ofrecemos para o consumo deste peixe tan popular.

Ideal para as túas ensaladas, tostas, bocadillos, sándwichs, tortillas, o que che apeteza!

Antes de seguir, unha recomendación: unha vez aberto o envase, procura consumilo na súa totalidade. Se non é así, lembra conservalo no frigorífico dentro do seu recipiente orixinal un máximo de 24 horas.

Sigue o paso a paso para elaborar estas 4 Receitas con Salmón ao natural

Texto 1 Imagen Salmón Natural

Ensalada nórdica de salmón ao natural e hélices vexetais

Ingredientes para 4 persoas. 15 minutos

  • 3 latas de salmón ao natural
  • 200 g de espirais vexetais
  • 150 g de remolacha
  • 1/2 cogombro
  • Ensalada gourmet lavada
  • 20 g de requeixo
  • 1 cullerada de iogur natural
  • Ceboliño ao gusto
  • Zume de 1/2 lima
  • 1 culleradiña de mel

Paso a paso:

  • Paso 1: coce a pasta seguindo as instrucións do paquete e engade un pouco sal. Escorre e reserva ata que arrefríe.
  • Paso 2: para a salsa, mestura ben todos os ingredientes: o iogur, a lima, o mel e o ceboliño. Bótalle sal e pementa.
  • Paso 3: para a ensalada, mestura a pasta e algúns brotes da mestura gourmet na base. Engade a remolacha e o cogombro cortado en rodas finas. Verte o requeixo. Finalmente, agrega o salmón en liscos e a salsa.

Texto 2 Imagen Salmón Natural

Sándwich de paté de salmón con piña

Ingredientes para 2 persoas. 5 minutos

  • 3 latas de salmón ao natural
  • 4 rebandas de pan de espelta
  • 1 roda de piña
  • 4 culleradas de alioli
  • 1 cullerada de coandro fresco
  • 1/2 cebola vermella
  • Herba dos cóengos

Paso a paso:

  • Paso 1: prepara o paté mesturando o salmón, o alioli e o coandro. Bótalle sal e pementa.
  • Paso 2: corta a cebola en aros finos.
  • Paso 3: coloca unha xenerosa porción de paté de salmón sobre unha rebanda de pan. Enriba, engade a herba dos cóengos, a piña e os aros de cebola. Termina colocando a outra rebanda de pan.

Texto 3 Imagen Salmón Natural

Ensalada de salmón ao natural, quinoa e garavanzos

Ingredientes para 4 persoas. 20 minutos

  • 3 latas de salmón ao natural
  • 150 g de quinoa
  • 100 g de espinacas
  • 30 ml de aceite de oliva
  • 260 g de garavanzos
  • 1 cenoria pequena
  • Zume de 1/2 limón
  • 2 dentes de allo
  • 10 g de pasas sultás
  • Sementes de sésamo
  • 1 iogur grego
  • 1 culleradiña de allo en po
  • Cecimbre

Paso a paso:

  • Paso 1: bota dúas cuncas de auga nunha pota e coce a quinoa cun pouco sal. Unha vez cocida, separa ben os garavanzos cun garfo e reserva.
  • Paso 2: por outra parte, prepara a salsa: xunta o iogur, o allo en po, o zume de limón, o cecimbre e o sal e a pementa.
  • Paso 3: refoga as espinacas e os dentes de allo machucados en aceite de oliva. Engade un pouco sal. Retira do lume e agrega os garavanzos escorridos, a cenoria relada e as pasas sultás.
  • Paso 4: monta a ensalada colocando a mestura de espinacas, garavanzos e cenoria sobre a base de quinoa. Distribúe os liscos de salmón por enriba e termina aderezando coa salsa e coas sementes de sésamo.

Texto 4 Imagen Salmón Natural

Bruschetta de salmón ao natural con aguacate e laranxa

Ingredientes para 4 persoas. 10 minutos

  • 3 latas de salmón ao natural
  • 4 rebandas de baguette de masa nai
  • 20 ml de aceite de oliva
  • 1 aguacate
  • 12 follas de alfábega
  • 1/2 cebola vermella
  • Améndoa laminada ao gusto
  • 1 culleradiña de mel
  • 1 culleradiña de mostaza
  • Zume e pel dunha laranxa
  • 1 culleradiña de allo en po

Paso a paso:

  • Paso 1: Comeza pola salsa, mestura ben o zume da laranxa, a mostaza, o allo en po, o mel e bótalle sal e pementa. Aduba o salmón en liscos na salsa, procura que quede ben empapado.
  • Paso 2: Torra as rebandas de pan nunha prancha cun pouco aceite.
  • Paso 3: Monta as bruschettas, empezando polas follas de alfábega, a cebola cortada moi fina en forma de media lúa e o aguacate en cubos. Por último, engade os liscos de salmón e adereza a bruschetta coa salsa. Finaliza coa améndoa en láminas e a pel de laranxa.

Outras recomendacións

Se che gusta o salmón, suxerímosche este riquísimo tataki de salmón. Moi fácil de preparar!