Condicións traballadoras e traballadores de Mercadona
"Para poder recibir, primeiro hai que dar”
As condicións laborais de Mercadona destacan por ofrecer emprego estable e de calidade mediante un Modelo de Recursos Humanos que fomenta a formación, a promoción interna e a equidade, entre outros valores.
A política de Recursos Humanos de Mercadona foi recoñecida pola Organización Internacional do Traballo (OIT) e é a primeira empresa do sector Distribución no ranking Merco Talento.
Que ofrece Mercadona?
- Emprego estable e de calidade
O cadro de persoal de Mercadona dispón de contratos fixos e salarios que superan a media do sector.
![Persoas con emprego estable e de calidade Persoas con emprego estable e de calidade Mercadona](/img-cont/gl/persoas-con-emprego-estable-e-de-calidade-0.jpg)
- Unha política retributiva diferencial
Mercadona reparte unha parte do seu beneficio anual co cadro de persoal. Ademais, as traballadoras e traballadores benefícianse dunha política retributiva con incrementos salariais en cada paso de tramo (ano de antigüidade), ata cinco tramos en cada posto.
![Táboa de salarios base do persoal de Mercadona Táboa de salarios base do persoal de Mercadona](/img-cont/gl/taboa-de-salarios-base-do-persoal-de-mercadona.jpg)
- Oportunidades de Formación e Promoción interna
Se ás persoas as formas e lles dás oportunidades, xeras un viveiro de talento.
![En formación y persoas ascendidas En formación y persoas ascendidas](/img-cont/gl/en-formacion-y-persoas-ascendidas.jpg)
- Medidas para a Conciliación
Mercadona trata de que o seu cadro de persoal concilie os seus roles profesionais e persoais. Entre outras medidas, ofrece a posibilidade de ampliar un mes máis a baixa maternal e dispón de centros infantís nalgúns dos seus bloques loxísticos. Ademais implantou unha xornada laboral de cinco días á semana (5+2) para o persoal dos supermercados que supón unha medida pioneira ao permitir 140 días libres ao ano.
![Persoas gozaron de permisoso nacemento, xornadas reducida y excedencias por coidado de fillos au fillas Persoas gozaron de permisoso nacemento, xornadas reducida y excedencias por coidado de fillos au fillas](/img-cont/gl/persoas-gozaron-de-permisoso-nacemento-xornadas-reducida-y-excedencias-por-coidado-de-fillos-au-fillas.jpg)
- Transparencia e Participación
Mercadona comparte a información e os obxectivos da empresa co seu cadro de persoal. Ademais, para desenvolver o talento das persoas, fomenta o diálogo e a súa participación, xa que para obter as mellores ideas hai que aproveitar a creatividade de todas as persoas que forman a compañía.
![Prima repartidos entre o cadro de persoal Prima repartidos entre o cadro de persoal Mercadona](/img-cont/gl/prima-repartidos-entre-o-cadro-de-persoal-0.jpg)