Trabajador de Mercadona

Condicións traballadoras e traballadores de Mercadona

Condicións traballadoras e traballadores de Mercadona

"Para poder recibir, primeiro hai que dar”.

As condicións laborais de Mercadona destacan por ofrecer emprego estable e de calidade mediante un Modelo de Recursos Humanos que fomenta a formación, a promoción interna e a equidade, entre outros valores.

A política de Recursos Humanos de Mercadona foi recoñecida pola Organización Internacional do Traballo (OIT) e é a primeira empresa do sector Distribución no ranking Merco Talento.

Que ofrece Mercadona?

  • Emprego estable e de calidade

O cadro de persoal de Mercadona dispón de contratos fixos e salarios que superan a media do sector.

Cadro de persoal total e soldo bruto/mes de Mercadona en 2022

  • Unha política retributiva diferencial

Mercadona reparte unha parte do seu beneficio anual co cadro de persoal. Ademais, as traballadoras e traballadores benefícianse dunha política retributiva con incrementos salariais en cada paso de tramo (ano de antigüidade), ata cinco tramos en cada posto.

Táboa salarial persoal base de Mercadona en 12 mensualidades en 2022

Beneficio compartido entre o cadro de persoal de Mercadona en 2022

  • Oportunidades de Formación e Promoción interna

Se ás persoas as formas e lles dás oportunidades, xeras un viveiro de talento.

Horas de formación e persoas ascendidas dentro de Mercadona durante 2022

  • Medidas para a Conciliación

Mercadona trata de que o seu cadro de persoal concilie os seus roles profesionais e persoais. Entre outras medidas, ofrece a posibilidade de ampliar un mes máis a baixa maternal e dispón de centros infantís nalgúns dos seus bloques loxísticos. Ademais implantou unha xornada laboral de cinco días á semana (5+2) para o persoal dos supermercados que supón unha medida pioneira ao permitir 140 días libres ao ano.

Permiso de nacemento, xornadas reducidas e excedencias en Mercadona durante 2022

  • Transparencia e Participación

Mercadona comparte a información e os obxectivos da empresa co seu cadro de persoal. Ademais, para desenvolver o talento das persoas, fomenta o diálogo e a súa participación, xa que para obter as mellores ideas hai que aproveitar a creatividade de todas as persoas que forman a compañía.

Outras Informacións

Traballadora en sección de Chacinería

Ofertas de Emprego de Mercadona

Coñece as ofertas de emprego de Mercadona

Ofertas