Consolida un ano de crecemento en emprego e facturación grazas ao desenvolvemento da estratexia “Oferta Eficaz”, a aposta pola innovación, o impulso aos produtos frescos e a colaboración con interprovedores e provedores especialistas para satisfacer e sorprender os clientes
- Tras crear 4.000 novos postos de traballo estable e de calidade, a compañía pechou 2016 cun cadro de persoal de 79.000 persoas. A contribución tributaria de Mercadona, vía impostos e Seguridade Social, elévase a 1.468 millóns de euros en 2016.
- O anuncio do proxecto internacional de Mercadona, coa entrada en Portugal, conxuntamente coa posta en marcha do Novo Modelo de Tenda Eficiente foron dous dos grandes fitos da compañía en 2016.
- O beneficio neto ascende a 636 millóns de euros, un 4% máis; o investimento alcanza os 685 millóns de euros; e as vendas en volume crecen un 4%, ata os 11.071 millóns de quilos e litros (quilitros).
- Un ano máis compartiu o beneficio total entre os compoñentes da compañía: 300 millóns entre os seus traballadores en concepto de prima por obxectivos e 250 millóns á Sociedade en concepto de impostos. E da cifra do beneficio neto, 515 millóns reinvestíronse na empresa como recursos propios, mentres o resto se repartiu entre os accionistas vía dividendos.
- Para alcanzar os retos de 2017, Mercadona ten previsto o maior investimento da súa historia: entre 1.000 e 1.200 millóns de euros. "E ademais, tomou a decisión de sacrificar o beneficio neto, ata 200 millóns de euros, que representa unha terceira parte respecto ao de 2016 co obxectivo de poñer as bases do Mercadona do futuro”, manifestou Juan Roig.