Entrada ao Centro de Co-innovación de Mercadona situado no polígono Fuente del Jarro de Valencia

O Concello de Paterna (Valencia) visita o novo Centro de Co-innovación de Mercadona na localidade

07 de febreiro de 2018
  • O Alcalde de Paterna visitou o novo Centro de Co-innovación de Mercadona no polígono Fuente del Jarro de Paterna (Valencia). 

O Alcalde de Paterna, Juan Antonio Sagredo, visitou o Centro de Co-innovación de Mercadona instalado no polígono Fuente del Jarro. Durante a visita o primeiro edil estivo acompañado polo xefe da Área de Garantía Social e Emprego, Pedro Romero, o técnico responsable de Promoción Económica, José Mª Martínez, a Coordinadora do Centro de Co-innovación de Mercadona, Belén Vizcaíno, a Directora de Relacións Externas na Comunidade Valenciana de Mercadona, Pau Villalba, e a Directora Provincial de Relacións Externas de Valencia Norte e Castellón de Mercadona, Mª José Sisamón.