Redución de marxes, control de custos, oferta eficaz e produtividade, claves para non trasladar ao prezo de venda dos produtos, o impacto completo dos prezos de custo.
- O impacto do incremento dos prezos de custo reduce a marxe da compañía en 0,6 puntos e sitúa a rendibilidade nunha das máis baixas da súa serie histórica: en 0,025 € de beneficio por euro vendido, fronte aos 0,027 € de 2021.
- Este esforzo en reducir a marxe e a rendibilidade da compañía supuxo un aforro para os máis de 5,7 millóns de fogares que compran en Mercadona de 375 millóns de euros, que a compañía non trasladou á cesta da compra.
- Mercadona alcanzou un beneficio neto de 718 millóns de euros, un 5 % máis que en 2021, e mantivo a súa política de compartir os beneficios coas traballadoras e cos traballadores, incrementando nun 8 % a cantidade repartida, que se elevou a 405 millóns de euros.
- A contribución tributaria de Mercadona ás arcas públicas foi histórica en 2022: máis de 2.263 millóns de euros, un 12 % máis que en 2021.
- Na súa contribución á creación de emprego estable e de calidade, creou 3.000 novos postos de traballo con contrato fixo, 1.000 deles en Portugal, e garantiu o poder adquisitivo das 99.000 persoas que compoñen o seu cadro de persoal cunha subida salarial acorde co IPC de España e Portugal.
- En 2022, Juan Roig e Hortensia Herrero destinaron máis de 80 millóns de euros dos seus dividendos a reactivar a economía da Comunitat Valenciana e de España, cifra que incrementarán en 2023 “porque o coñecemento e o diñeiro dan a felicidade… se os compartes”.