Vista da Colmea de Boadilla del Monte (Madrid)

Mercadona pon en marcha unha nova Colmea na Comunidade de Madrid

31 de agosto de 2023
  • O novo almacén en liña contará cun cadro de persoal de 150 persoas e supuxo un investimento de 13,2 millóns de euros.
  • Trátase da segunda Colmea que Mercadona abre en Madrid e súmase ás que a compañía ten en València, Barcelona, Getafe (Madrid), Alacant e Sevilla.
  • A compañía avanza no negocio en liña coa apertura dunha nova Colmea, plataforma dedicada en exclusiva á venda en liña, en Boadilla del Monte (Madrid).

Mercadona segue consolidando o seu proxecto de compra en liña coa posta en marcha dunha segunda Colmea na Comunidade de Madrid, concretamente na localidade de Boadilla del Monte, máis pequena que as anteriores, e que reforza o servizo da que ten, dende 2020, na localidade de Getafe.

Nela investíronse 13,2 millóns de euros e contará cun cadro de persoal de 150 persoas. Inicialmente, dará servizo ás localidades de Boadilla del Monte, Alcorcón e Villaviciosa de Odón, para progresivamente ir estendendo o seu servizo a outras zonas da Comunidade de Madrid como Leganés, Parla ou Tres Cantos. Todos os clientes que reciban a súa compra nestas novas zonas terán acceso á nova e intuitiva tenda en liña a través da web ou da aplicación con fotos e que conta con envíos de 7:00 a 22:00, en tramos de 2 horas, de luns a sábado. Ademais, séguese mellorando o servizo e comezáronse a vender en liña produtos de “Listo para Comer” como a tortilla ou a ensalada rusa.

A directora xeral de Mercadona Online, Juana Roig, destacou que “con esta Colmea en Boadilla estendemos a nova compra en liña a máis clientes da Comunidade de Madrid, que é un dos nosos principais mercados. Seguimos dando pasos para que o máximo número de clientes poida comprar en liña en Mercadona de forma sinxela e cómoda, ademais de xerar un negocio sostible no longo prazo”.

Crecemento do proxecto en liña de Mercadona

Esta Colmea súmase ás que Mercadona ten xa implantadas en València, Barcelona, Getafe (Madrid), Alacant e Sevilla coas que a compañía seguiu reforzando o desenvolvemento do seu servizo de compra en liña en España, proxecto que continúa crecendo e que conta na actualidade con 2.700 traballadores. A canle en liña en Mercadona rexistrou en 2022 unha facturación de 540 millóns de euros, un 20 % aínda procede da web antiga e un 80 % provén do novo sistema coa nova web e aplicación.

Mercadona ten distintos modelos de venda sobre a base da demanda dos pedidos que hai en cada localidade. Por un lado, o modelo “Colmeas” atende zonas cunha alta densidade de pedidos en liña. Por outro lado, para as zonas de menor concentración de pedidos, conta cun modelo de preparación e repartición dende as tendas. Este modelo está presente en diversas cidades como por exemplo Zaragoza, País Vasco, Tarragona, Castelló e Almería.

Sostibilidade e eficiencia no servizo en liña

Comprometidos co medio ambiente, nos novos almacéns en liña introdúcense elementos que reducen considerablemente o consumo enerxético, como paneis solares e illamentos especiais para a zona de almacén de frío. Ademais, os 600 vehículos que realizan reparticións en liña – 40 deles na nova Colmea que hoxe se pon en marcha en Madrid - contan coa etiqueta eco;  unhas son unhas furgonetas de repartición microhíbridas e outras a gas, o que supuxo un investimento superior aos 28 millóns de euros. Ademais, no caso da Colmea de Boadilla incorpóranse algunhas novidades, como o uso de baterías de litio nas transpaletas de preparación dos pedidos.

Mercadona Online segue apostando polo talento tecnolóxico, perfís que traballan en desenvolver e optimizar tanto os procesos como o software para a venda, a preparación e o envío dos pedidos en liña nas Colmeas e tendas. Unha mostra diso é o continuo crecemento do equipo humano, esta vez coa ampliación das súas oficinas en Madrid.

Elena, traballadora da Colmea con anel escáner e móbil-guía preparando compras en liñaElena, traballadora da Colmea con anel escáner e móbil-guía preparando compras en liña.

Iván, traballador de Colmea con transpaleta preparando varias compras en liña á vezIván, traballador de Colmea con transpaleta preparando varias compras en liña á vez.

Vista da Colmea de Boadilla del Monte (Madrid)Vista da Colmea de Boadilla del Monte (Madrid).