Campaña laranxas de orixe nacional Mercadona

Comeza a campaña nacional da laranxa en Mercadona, que comercializará 140.000 toneladas

07 de novembro de 2023
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, a compañía incrementará este ano nun 10 % o seu volume de compra respecto á campaña anterior.
  • Mercadona comercializará laranxas procedentes de campos da Comunitat Valenciana, Andalucía, Región de Murcia, Catalunya e Canarias.
  • Durante a campaña traballaranse distintas variedades que irán entrando nas tendas de forma gradual.
  • Volven as laranxas de orixe nacional aos supermercados, nova tempada que arranca en novembro e que se alongará, aproximadamente, ata o próximo mes de agosto

Arranca a campaña nacional da laranxa en Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña que prevé comercializar durante a campaña 2023/24 máis de 140.000 toneladas deste cítrico, un 10 % máis que na campaña anterior. Durante a campaña dispoñerán de distintas variedades dentro dos grupos Navel, Lanes e Valencia, que irán entrando nos supermercados de forma gradual e responderán ás expectativas dos seus clientes en canto a calidade.

Para a presente campaña, que acaba de comezar e que se alongará aproximadamente ata o próximo mes de agosto, a compañía comercializará laranxas cultivadas en campos da Comunitat Valenciana, Andalucía, Región de Murcia, Catalunya e Canarias.

A entrada da laranxa dá así continuidade á campaña 2023/24 de cítricos de orixe nacional, que comezou o pasado mes de outubro coa chegada da mandarina e do limón de provedores españois. O compromiso de Mercadona co sector primario español é firme e prioriza garantir relacións estables e transparentes cos seus 24 provedores nacionais, que á súa vez traballan con máis de 2.800 agricultores de toda España.

Vídeo en español

Fomento do consumo de cítricos e froitas e verduras de tempada para unha cesta equilibrada

A empresa fomenta o consumo de cítricos, así como do zume de laranxa acabado de espremer de Mercadona, dispoñible na sección de Froita e Verdura nos tres formatos de envase habituais, de 250 mililitros, 500 mililitros e 1 litro. Este servizo, que comezou a implantarse en 2016 en todas as tendas da cadea, trátase dun proxecto que se desenvolveu a través da innovación conxunta entre Mercadona, o provedor especialista Zumex e os propios clientes.

Os cítricos son ricos en vitaminas, minerais e antioxidantes e o seu consumo contribúe a manter unha dieta equilibrada. As laranxas, as mandarinas e os limóns, entre outros cítricos, son grandes aliados para completar unha cesta da compra equilibrada.

Mercadona apoia as campañas do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no marco da estratexia #alimentosdespaña e a súa campaña “O país máis rico do mundo”. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supuxo un paso máis na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria en España.

Laranxas de orixe nacional campaña 2023/2024 Campaña 2023/2024 de laranxas de orixe nacional en Mercadona.

Laranxas de orixe nacional en MercadonaLaranxas no campo, de orixe nacional.

Laranxas no supermercado de MercadonaLaranxas na sección de froita e verdura de Mercadona.