- En 2023 a previsión é aumentar a súa capacidade de xeración de enerxía renovable en 240 tendas e en novos bloques loxísticos e Colmeas.
- Unha tenda de Mercadona con paneis solares aforra aproximadamente un 20 % do seu consumo enerxético anual respecto a unha tenda sen enerxía fotovoltaica instalada, o que supón unha redución de aproximadamente 30 tCO2 por supermercado.
- Tras investir máis de 14 millóns de euros en 2022 na instalación de novos paneis solares, consegue evitar a emisión de máis de 3.000 toneladas de CO2.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu compromiso coa enerxía fotovoltaica e prevé investir en 2023 aproximadamente 60 millóns de euros na instalación de paneis solares nas súas cubertas, o que incrementará significativamente a redución de emisións por consumo eléctrico.
O obxectivo de Mercadona é continuar dando o “Si” a coidar o Planeta e aumentar a súa xeración de electricidade renovable a través de paneis solares, grazas aos cales unha tenda con esta instalación aforra aproximadamente un 20 % do seu consumo enerxético anual respecto a unha tenda sen esta enerxía implantada e reduce aproximadamente 30 toneladas de CO2 por supermercado.
A aposta por obter enerxía de forma sostible arrancou a finais de 2020 nalgunhas das súas tendas. En 2021 a compañía afianzou a súa aposta polo autoconsumo fotovoltaico e en 2022 investiu 14 millóns de euros na instalación de novos paneis solares, evitando así a emisión de máis de 3.000 toneladas de CO2 nun ano.
Actualmente a cadea de supermercados nútrese desta fonte de enerxía renovable en 114 tendas, 9 bloques loxísticos, 3 Colmeas (almacén exclusivo para a venda en liña) e nas oficinas acabadas de estrear que a compañía ten situadas en Albalat dels Sorells (Valencia).
A previsión da compañía é ter a finais de 2023 un total aproximado de 350 tendas e ampliar o número de bloques loxísticos e Colmeas con paneis solares nas súas cubertas. Con toda esa potencia instalada esperan aforrar a enerxía equivalente ao consumo anual acumulado de 125 tendas.
O obxectivo para o ano 2027, momento no que a compañía definiu a súa folla de ruta co lema “quen ten un tellado, ten un tesouro”, é ter autoconsumo en máis de 850 tendas e en todos os seus bloques loxísticos e Colmeas, o que supoñerá un aforro en electricidade equivalente ao consumo de 300 tendas.
Traballador de Mercadona nunha cuberta duna tenda con paneis solares.
Cuberta con paneis solares dunha tenda de Mercadona.