Hai postos dispoñibles para traballar no bloque loxístico de Mercadona en Abrera co obxectivo de cubrir as necesidades de persoal: Mozos/as de Almacén, Frigoristas e electromecánicos.
Ofertas de emprego de Mercadona no Bloque Loxístico de Abrera para Mozos/as de almacén, frigoristas e electromecánicos
Hai case unha década Mercadona tomou a decisión de innovar na súa rede loxística, co desenvolvemento e funcionamento de almacéns totalmente automatizados. Este tipo de bloque loxístico, pioneiro no sector, é unha aposta de Mercadona polo traballo de calidade nos almacéns, ao permitir eliminar completamente calquera manipulación e sobreesforzo dos traballadores, contribuíndo a previr e reducir o risco de accidentes laborais, para alén de incrementar a productividade e a eficiencia.
Para cubrir a necesidade de postos para o bloque loxístico de Mercadona en Abrera, hai vagas de emprego en Mercadona para Mozos/as de almacén, frigoristas e electromecánicos:
Mercadona precisa persoal cos seguintes requisitos:
Mozos/as de Almacén:
- Contrato de duración determinada.
- Candidatos con estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
- Dispoñibilidade para traballar de luns a sábado en xornada semanal de 40 horas.
- Xornada de 40 horas semanais de 1.298 € brutos ao mes.
- A compañía toma conta da formación das súas traballadoras e traballadores nos postos de mozo de almacén.
Consulta a oferta de emprego: Mozos/as de Almacén
Frigoristas:
- Quenda de noite.
- Ciclo Formativo Grao Medio ou Grao Superior - Frío Industrial.
- Experiencia mínima de 1 ano en funcións similares.
Consulta a oferta de emprego: Frigorista en Abrera
Electromecánicos:
- Quenda de noite.
- Ciclo Formativo Grao Superior ou FP II equivalente en: Electricidade e Electrónica / Mecatrónica / Electromecánica / Automatización e Robótica Industrial.
- Coñecementos necesarios: automatización, robótica industrial e mantemento.
Consulta a oferta de emprego: Electromecánico/a para Mantemento
Condicións laborais en Mercadona para Frigoristas e Electromecánicos:
- Contrato indefinido.
- O soldo: 1.850 € brutos ao mes con progresión salarial. (máis diferentes pluses dependendo dos postos)
- Xornada de 40 horas semanais.
- Planificación anual da xornada laboral.
- Dispoñibilidade para traballar de luns a domingo.
- A compañía toma conta da formación das súas traballadoras e traballadores.
Máis información sobre as Condicións laborais en Mercadona.
As persoas interesadas nas propostas de emprego de Mercadona poden presentar a súa solicitude de emprego na nosa web, apartado "Emprego" e rexistrar o seu Currículum actualizado.