Nutre, hidrata a túa pel e mellora o seu aspecto coas nosas cremas corporais. Dende texturas lixeiras ata fórmulas máis densas, se buscas un tratamento para a túa pel seca, cremas enriquecidas con ácido hialurónico, opcións para persoas veganas, etc., temos xusto o que necesitas.
Revitaliza a túa pel e goza do luxo de mantela hidratada e ben coidada con estas cremas específicas de uso diario. Elixe a túa favorita, a túa pel meréceo. Vas estar radiante!
Antes de aplicar a túa crema corporal recorda limpar a túa pel de impurezas e células mortas cos nosos tratamentos exfoliantes.
E despois da túa crema corporal podes reforzar o tratamento cos nosos aceites corporais.
Crema corporal con aceite de argan
- Crema nutritiva corporal para pel seca ou moi seca.
- O aceite de argan mantén a pel hidratada e suave.
Crema corporal hidratante Esferas VIT-E
- Crema corporal hidratante con encapsulados, de rápida absorción con cápsulas de vitamina E que se funden na pel.
- A vitamina E achega propiedades antioxidantes.
- Con ácido hialurónico que facilita a renovación celular.
- Textura lixeira.
- Apta para todo tipo de peles.
Crema de aceite de oliva
- 97 % ingredientes de orixe natural.
- Con aceite de oliva de cultivo ecolóxico e orixe española (Jaén).
- Fórmula vegana reforzada con vitamina E e manteiga de karité.
- Fórmula limpa de parafinas e siliconas.
- Para todo tipo de pel.
Mante-K
- Manteiga corporal con aroma de coco.
- Para peles secas.
- Crema de textura densa de fácil absorción.
Modo de uso
- Aplica a diario mediante unha lixeira masaxe ata a súa total absorción.
Outras recomendacións
Para un tratamento corporal completo non esquezas as nosas cremas das mans e dos pés.
Descubre o Sérum SOS para o tratamento de uñas e cutículas.
Se queres acabar co pelo utiliza a nosa Liña de produtos de depilación.