Queres ter a pel do teu corpo ben coidada? Proba o noso Exfoliante corporal mineral, con minerais do mar Morto. Suaviza, mima, refresca a túa pel e déixaa coma nova, agradablemente perfumada. Agora que xa está aquí o bo tempo, presume de pel bonita e nutrida. Déixate sorprender por este exfoliante!
Características do Exfoliante corporal mineral
Dende o primeiro uso con este exfoliante obterás como resultado unha pel fresca e renovada, suave e limpa de impurezas. Estas son as súas principais características:
- Produto con base de microscópicos sales minerais do mar Morto.
- Enriquecido con:
- Aceite de améndoas doces
- Aceite de semente de uva
- Aceite de semente de xirasol
- Aceite de semente de sésamo
- Aceite de argán
- Aceite da froita da roseira silvestre
- Vitamina E
- Ten un agradable olor a leite e mel.
Forma de aplicación
Para utilizar de forma adecuada este produto, sigue estas sinxelas indicacións:
- Aplica xenerosamente sobre a pel limpa e húmida.
- Frega por todo o corpo, prestando especial atención aos cóbados, xeonllos e pés.
- Aclara e retira con auga limpa.
- No uses en áreas máis finas e sensibles da pel.
Frecuencia de uso
Recoméndase un uso regular de 1 a 2 veces á semana aínda que se pode aumentar a frecuencia xa que o seu uso de forma continuada é favorable e compatible coa pel.
Que beneficios ten para a túa pel?
O Exfoliante corporal mineral suaviza a pel seca e agretada, elimina as células mortas que se van xerando por diversos factores, tanto internos (por exemplo, hormonais) coma externos (por exemplo, a polución); e nutre intensamente.
Outras recomendacións
Para ter a pel do teu rostro limpa e perfectamente coidada, aprende como facer unha limpeza facial perfecta.