Tes os pés secos?, talóns ásperos?, durezas? Necesitas previr rozaduras ou un desodorizante específico? Temos as mellores solucións para exfoliar, hidratar e refrescar os teus pés, sigue lendo!
Trata os teus pés como merecen e goza da sensación de benestar que che ofrecen os nosos produtos especializados.
Crema hidratante antisequidade
- Hidrata e suaviza a pel dos teus pés.
- Especialmente indicada para o tratamento de pés secos, zonas ásperas e calosas.
- Textura lixeira e refrescante, absórbese rapidamente deixando nos teus pés unha agradable sensación de benestar.
- Modo de uso: aplica 1-2 veces ao día e masaxea, sobre todo nos talóns e na planta, insistindo nas zonas máis rugosas.
- Un consello! Aplica unha xenerosa capa pola noite, como se fose unha máscara. Espertarás cuns pés suaves e hidratados.
Crema pure urea
- Indicada para o tratamento de pés moi secos, talóns agretados e durezas grazas ao seu contido en urea pura ao 10 %.
- Nutrición profunda e duradeira para a pel dos teus pés.
- Textura densa que asegura unha aplicación fácil e efectiva.
- Modo de uso: aplica 1-2 veces ao día, efectuando unha suave masaxe ata a súa total absorción.
Spray refrescante Mentol
- Refresca, alivia, calma e evita a sensación de cansazo e pesadez dos pés e das pernas. Absorción rápida e non mancha.
- Modo de uso: aplica sobre os pés e as pernas, incluso sobre as medias ou calcetíns con movementos ascendentes e descendentes.
Xel refrescante Mentol
- A súa agradable sensación de frescor achegarache un alivio instantáneo, permitindo que os teus pés e as túas pernas recuperen benestar e confort. Absorción rápida e non mancha.
- Modo de uso: aplica uniformemente cunha masaxe circular e ascendente 1-2 veces ao día. Recoméndase un tratamento máis intensivo en época estival.
Tratamento específico Durezas & Calos
- Reduce e abranda a pel morta engrosada, retrasando de novo a súa formación. Absórbese rapidamente e permite calzarse de inmediato. Cómodo formato que facilita a aplicación focalizada.
- Modo de uso: aplica 1-2 veces ao día mediante unha masaxe sobre as zonas afectadas ata a súa absorción.
Stick antirrozaduras
- Prevén e protexe os pés das rozaduras de ampolas provocadas polo calzado. Crea unha película protectora invisible que non esvara e reduce de forma inmediata o rozamento.
- Modo de uso: aplica tantas veces como sexa necesario, na zona dos pés onde queiras previr o rozamento co calzado (talóns, dedos, empeña...)
Po desodorizante Pés
- Produto formulado para combater o exceso de sudación e eliminar o mal olor que se produce pola súa descomposición.
- Absorbe o exceso de humidade achegando unha agradable sensación de confort e benestar nos pés.
- Exerce un efecto desodorizante de longa duración.
- Modo de uso: esparexe o produto sobre os pés e entre os dedos. Utiliza tamén no interior do calzado.
Desodorizante Fresh & Dry (antitranspirante)
- Fórmula con caolín que actúa eficazmente contra a suor e o olor dos pés.
- Reduce a suor ao longo do día, 24 horas de protección.
- Uso nos pés e no calzado.
- Spray multiposición.
- Axita antes de usar.
Outras recomendacións
Hidrata e suaviza as túas mans coa nosa gama de cremas das mans.
Coñeces a nosa gama de aceites corporais?
Descubre os nosos tratamentos exfoliantes.
Buscas cremas corporais para uso diario?