Coida as túas mans en cada momento do día coas Cremas de Mans Deliplus. Hai catro para escolleres: anti-idade antimanchas, nutritiva rexeneradora, hidratante áloe vera e ultra hidratante.

Cremas de Mans Deliplus

28 de febreiro de 2018

As Cremas de Mans Deliplus ofrécenlle un coidado extra á túa pel e mesmo tamén ás túas unllas. Escolle entre catro tipos: anti-idade antimanchas, nutritiva rexeneradora, ultra hidratante e hidratante áloe vera.

Cremas de Mans para te mimares

As Cremas de Mans Deliplus foron elaboradas coidadosamente para che ofreceren un coidado extra para as túas mans.

Todas elas son de doada absorción e só terás que botar unha pequena cantidade na palma da man e masaxear suavemente.

Son unisex e pódense usar durante todo o día: as veces que consideres necesarias.

Crema de Mans anti-idade antimanchas

A Crema de Mans anti-idade antimanchas é apta para todo tipo de peles e ideal para previres o envellecemento da túa pel máis exposta. Con ela conseguirás un tacto suave e aveludado. Lograrás unificar o ton da túa pel e atenuarás as posibles manchas que houber nela. Alén diso, previrás o envellecemento e máis a aparición de manchas futuras grazas ao seu factor de protección solar FPS20.

Crema de Mans nutritiva rexeneradora

Coa Crema de Mans nutritiva rexeneradora conseguirás non só reparar a túa pel, senón tamén as túas unllas. Está deseñada especialmente para mans secas e unllas. A súa fórmula enriquecida con aceite de xoxoba, manteiga de carité e vitamina é a mellor aliada para as túas mans. Con ela gañarás en suavidade e mais en confort.

Crema de Mans ultra hidratante

A Crema de Mans ultra hidratante está pensada especialmente para aquelas peles moi secas e castigadas. A súa nova fórmula con activos hidratantes, pantenol, vitamina E e carité mantén a hidratación por máis tempo e proporciona un alivio inmediato cando as mans máis o precisan.

Crema de Mans con hidratante áloe vera

A Crema de Mans hidratante áloe vera Deliplus consegue hidratar e calmar a pel das túas mans. É axeitada para todo tipo de peles, para coidares a túa pel dun xeito regular e para a usares durante todo o día. A súa combinación de activos hidratantes, reparadores e calmantes achéganlle suavidade e elasticidade. Devolveraslle a hidratación natural á túa pel.

Outras recomendacións

Se desexares ter unha pel sedosa e coidada emprega a Exfoliante e a Manteiga corporal con minerais do Mar Morto e consegue unha pel perfecta en tan só dous pasos. Tamén che recomendamos coñecer a nosa publicación sobre a calidade das cremas de Mercadona.