Dentro dos produtos Compy de Mercadona podes encontrar os pensos para cans adultos: “Compy Adultos con Polo e Cereais” e “Compy Adultos con Boi, Polo, Vexetais e Arroz”. As súas novas fórmulas foron desenvolvidas por veterinarios expertos en nutrición para satisfaceren as necesidades nutricionais do teu can e con todo o sabor que require para que goze da súa comida.
Novo Compy de Mercadona para Cans adultos con Polo e Cereais
O novo penso Compy de Mercadona con Polo e Cereais é un alimento completo para cans de razas medianas e grandes. Agora con máis proteínas, graxas e vitaminas para contribuír ao fortalecemento dos ósos, a manter un pelo brillante e saudable, así como un organismo en equilibrio e harmonía para a túa mascota.
A súa nova fórmula é:
- Máis saborosa: Con polo como fonte de proteína dixestible e saborosa que axuda no mantemento da masa muscular do teu can.
- Máis enerxética: Incrementouse o contido en graxa da receita orixinal, achegando máis enerxía e vitalidade para unha vida activa e plena.
- Máis concentrada: Debido a que a nova receita está máis concentrada, o teu can estará perfectamente alimentado inxerindo unha dose máis reducida.
- Con máis vitaminas e minerais: Tamén se engadiron máis vitaminas e minerais:
- Vitamina A, importante para a visión, a saúde da pel, a reparación dos tecidos e necesaria para o correcto desenvolvemento do esqueleto e a fertilidade do animal.
- Vitamina D3, tamén coñecida como “vitamina antirraquítica”, é moi importante para os ósos e os dentes xa que regula o metabolismo do fósforo e do calcio.
- Vitamina E, que actúa como antioxidante celular e axuda a manter un sistema inmunitario forte.
- Vitaminas do grupo B, fundamentais no metabolismo de graxas, carbohidratos e outros procesos metabólicos que lle permiten ao can ter unha maior vitalidade e un mellor aproveitamento dos nutrientes.
- Zinc, fundamental no coidado do pelo, pel e unllas.
Novo Compy de Mercadona para Cans adultos con Boi, Polo, Vexetais e Arroz
Con formas, texturas e gustos diferentes, a nova fórmula do penso multipartícula Compy Adultos con Boi, Polo, Vexetais e Arroz ten unha gran variedade de sabores como boi, polo, chícharos, millo e arroz, polo que resulta un alimento saboroso e ofrece unha dieta equilibrada e completa:
- Gran sabor: Con formas, texturas e gustos diferentes para que o seu can goce dunha gran variedade de sabores como boi, polo, chícharos, millo e arroz no mesmo prato.
- Máis enerxía: cun contido en graxa maior que achega máis enerxía e vitalidade para unha vida activa e plena.
- Máis concentrado: O teu can estará perfectamente alimentado inxerindo unha dose máis reducida.
- Máis vitaminas e minerais: Para que o organismo das nosas mascotas estea en equilibrio e harmonía, a este penso multivitaminas (A-D-E-B) aumentóuselle a dose das seguintes vitaminas:
- Vitamina A, importante para a visión, a saúde da pel, a reparación dos tecidos e necesaria para o correcto desenvolvemento do esqueleto e a fertilidade do animal.
- Vitamina D3, tamén coñecida como “vitamina antirraquítica”, é moi importante para os ósos e os dentes xa que regula o metabolismo do fósforo e do calcio.
- Zinc, fundamental no coidado do pelo, pel e unllas.
Indicacións para o consumo do penso Compy de Mercadona
Tanto o “Compy Adultos con Polo e Cereais” como o “Compy Adultos con Boi, Polo, Vexetais e Arroz” son alimentos ideais para cans adultos que teñan unha actividade normal, é dicir, que non se encontren xestando, lactando, nin realizando traballos extremos, nin realizando exercicio físico excesivo, nin suxeito a temperaturas extremas. Na etapa adulta é fundamental alimentar o can cunha dieta equilibrada e nutricionalmente completa que achegue acotío todos os nutrientes precisos para manter un óptimo estado de saúde ao longo dos anos.
O teu can xa probou algún destes dous novos produtos?
Outras Recomendacións:
Recomendámosche ler este artigo se queres coñecer máis sobre a calidade do penso Compy de Mercadona.
Tamén é fundamental a hixiene e o coidado das nosas mascotas para manter un óptimo estado de saúde. Por iso, recomendámosche a lectura sobre as pipetas para cans de Mercadona e os colares para cans.