Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Bodegón con bolsas de Compy Supreme para cadelos

Compy Supreme para cadelos

22 de marzo de 2018

Os primeiros meses da vida dos cadelos son fundamentais para o seu correcto crecemento e desenvolvemento. Nesta etapa, os cadelos teñen un alto gasto calórico necesario para poderen medrar e mais desenvolveren correctamente todos os seus órganos e cambios fisiolóxicos. Por iso, é moi importante alimentalos cunha dieta específica e equilibrada que cumpra con todas as necesidades nutricionais precisas.

Alén diso, para manter un estado óptimo de saúde, cada cadelo require unhas necesidades alimentarias concretas segundo a raza á que pertenza. Compy Supreme para Cadelos foi formulado por expertos en nutrición de animais de compañía para adaptar o alimento a cadelos de razas pequenas e mais de razas medianas-grandes.

Como alimentar o teu cadelo

Recoméndase comprobar que o cadelo estea a gañar peso de forma axeitada, sen o sobrealimentar para evitarmos problemas de obesidade. Cómpre non suplementar a dieta con outros alimentos, xa que Compy Supreme para cadelos está formulado para lles fornecer todos os nutrientes precisos nesta etapa.

A etapa de crecemento dun cadelo de raza pequena (de 1 kg a 10 kg de peso adulto) alóngase até os 8 meses de idade. Mentres que en cadelos de razas medianas (de 11 kg a 25 kg de peso adulto) e grandes (de 25 kg a 60 kg de peso adulto) a fase de crecemento esténdese até os 12 meses ou 15 meses de idade respectivamente.

Ingredientes de máxima calidade

A selección das mellores materias primas fan deste penso un alimento de alta calidade, incluíndo polo fresco na súa composición. A carne fresca incorpórase en forma de pasta refrixerada sen tratamento térmico anterior, polo que mantén todas as súas propiedades nutricionais. O polo e mais o ovo son unha fonte de proteínas moi dixerible, de gran valor nutritivo e intenso sabor, que axuda no desenvolvemento duns músculos fortes e sans. Achegan aminoácidos e mais ácidos graxos esenciais, necesarios para a reparación dos tecidos, para o sistema inmunitario, o crecemento do pelo, etc.

O arroz foi seleccionado como principal fonte de carbohidratos pola súa elevada capacidade para ser dixerido e pola súa tolerancia dixestiva, para alén de fornecer a enerxía necesaria para unha vida activa e plena.

Como axuda Compy Supreme ao teu cadelo

Para alimentar o futuro do teu cadelo, o penso Compy proporciona unha dieta específica que fornece unha serie de beneficios adicionais:

  • Favorece a aprendizaxe grazas a ácidos graxos fonte de Omega 3.
  • Axuda a equilibrar a flora intestinal, contribuíndo a un sistema inmunitario reforzado grazas a prebióticos como FOS e MOS.
  • Contribúe coa Vitamina C e a B6 á formación do coláxeno para manter unhas articulacións e músculos en boas condicións. Alén diso, a L-Carnitina favorece o mantemento dun peso corporal axeitado.
  • Incorpora Biotina e Zinc para favorecer unha pel e pelo bonitos e sans.
  • Achega antioxidantes como a Vitamina C, Vitamina E, Selenio, Taurina e B-Carotenos que xuntos contribúen a retrasar o avellentamento celular.

O máis importante á hora de alimentares o teu cadelo nesta etapa inicial da súa vida, é utilizar un penso de calidade específico para cubrir as súas necesidades e achegarlle beneficios extras na dieta como Compy Supreme para cadelos de razas pequenas, medianas e grandes. Deste xeito conseguirás que a túa mascota medre feliz e sa!

Outras Recomendacións

Sabes cal é a calidade do penso Compy de Mercadona? Os pensos Compy para cans e gatos ofrecen un alimento nutritivo, saudable e equilibrado coas maiores garantías de calidade e seguridade alimentaria en todo o seu proceso de fabricación.

Ademais, a comida de animais de Mercadona destaca polos exhaustivos controis de calidade que pasa en todo o seu proceso de fabricación.