Máxima Calidad en el pienso Compy de Mercadona

Máxima Calidade no penso Compy de Mercadona

06 de septembro de 2017

Os pensos Compy de Mercadona para cans e gatos ofrecen un alimento nutritivo, saudable e equilibrado coas maiores garantías de calidade e seguridade alimentaria en todo o seu proceso de fabricación. Desde a recepción das materias primas até que o produto final está nas nosas tendas, neste vídeo poderás coñecer máis sobre todo o proceso de Fabricación e Calidade do penso Compy.

Para conseguirmos un alimento completo, contamos cun equipo especializado de veterinarios e expertos en nutrición animal que desenvolve fórmulas con ingredientes seleccionados e altamente nutritivos. Deste xeito, ofrecemos unha dieta equilibrada que achega diariamente todos os nutrientes que a túa mascota precisa para unha vida sa e plena.

Todas as receitas de pensos e snacks están especialmente deseñadas para os diferentes tamaños, idades e necesidades da túa mascota, ademais de garantiren un excelente sabor e textura grazas a novidosos e prácticos envases que garanten a conservación do produto coas súas mellores propiedades.

Controis de Calidade do penso Compy

Os produtos Compy fabrícanse integramente en España en modernas instalacións coa mellor tecnoloxía para garantiren a máxima calidade. O noso fabricante Grupo Bynsa pasa periodicamente rigorosos controis de calidade para poder ofrecer un alimento seguro para a túa mascota, até que o produto chega directamente ás tendas Mercadona sen intermediarios.

Os certificados ISO en Calidade e Medioambiente aválannos, así como tamén as certificacións internacionais IFS e BRC, que garanten a seguridade alimentaria en todo o noso proceso de fabricación.

Descargar certificados calidade pensos Compy (documentos en español):

Cremos que as nosas mascotas merecen simplemente o mellor. É por iso que o esforzo innovador e a búsqueda da mellora continua levou a que Compy sexa a marca líder en alimentación para mascotas en España.

Outras Recomendacións

Coñeces a nova gama de Compy Supreme con carne e peixe frescos? O equilibrio perfecto entre nutrición e sabor para o teu can!

Se tes un gato, recomendámosche o penso para gatos Compy Supreme con Salmón e Arroz.