Pensos Compy para cans, a mellor opción para alimentares o teu can.

Nova gama Compy Supreme con carne e peixe frescos

23 de maio de 2017
  • Mercadona lanza os primeiros produtos desta nova gama de pensos para can con carne e peixe frescos.

Para a elección do mellor alimento para o teu can é imprescindible teres en conta o estado fisiolóxico, as características do animal e a súa idade, xa que non teñen as mesmas necesidades un can adulto de raza mediana ou grande que un can adulto de raza pequena, ou un cadelo, ao que lle hai que achegar os nutrientes precisos para as primeiras etapas da súa vida.

A calidade dos alimentos para cans tamén é un factor moi importante a termos en conta, xa que cómpre unha alimentación axeitada para mantermos a nosa mascota nun estado óptimo de saúde, contribuíndo deste xeito a evitar carencias nutricionais.

Outro factor relevante é o apetecible que pode resultar o alimento para a túa mascota. O alimento para o teu can debe ter un axeitado equilibrio entre nutrición e sabor. É fundamental que á nosa mascota lle guste o que come.

Para cubrir todas estas necesidades nace a nova gama de pensos Compy Supreme de Mercadona para cans adultos (razas medianas ou grandes) e cadelos con polo fresco e salmón fresco. Esta nova gama xorde dun proceso de innovación mediante a incorporación de polo e salmón frescos en forma de pasta fresca refrixerada, de maneira a manter todas as calidades nutricionais destes ingredientes, ao non recibiren un tratamento térmico anterior. Por tanto, son produtos que requiren un proceso de innovación para garantiren unha alta calidade, nutrición e dixestibilidade para a mascota.

Dentro da gama de pensos Compy Supreme para cans podemos encontrar pensos para cadelos que conteñen carne fresca na súa composición: “Compy Supreme Cachorros Pollo y Arroz 3 kg” para cadelos de razas medianas e grandes e “Compy Supreme Cachorros Pollo y Arroz 800 g” para cadelos de razas pequenas.

Entre a variedade de pensos Compy Supreme para cans adultos Mercadona ofrece estas opcións con carne ou peixe frescos: “Compy Supreme Salmón y Arroz 3 kg” ou “Compy Supreme Pollo y Arroz 3 kg” para os cans de razas medianas e grandes, e “Compy Supreme Pollo y Arroz 1,5 kg” para os cans de razas pequenas.

Tanto o polo fresco como o salmón fresco son unhas fontes de proteínas moi dixestibles, de gran valor nutritivo e intenso sabor, que axudan no desenvolvemento duns músculos fortes e sans. Achegan aminoácidos e ácidos graxos esenciais, necesarios para a reparación dos tecidos, para o estatus inmunitario e a formación do pelo, entre outros beneficios.

Son produtos elaborados con ingredientes seleccionados de alta dixestibilidade, que lle confiren un maior valor nutricional ao penso e que lle proporcionan un sabor máis intenso e irresistible. Por tanto, os pensos Compy Supreme para cans con carne e peixe frescos son a mellor elección para alimentares o teu can.

Estes produtos están desenvolvidos polo interfornecedor especialista en alimentación e nutrición animal, Bynsa Mascotas, en El Burgo de Ebro (Zaragoza) que segue a traballar para desenvolver novos produtos dentro da gama, como o penso para cans senior con carne e peixe frescos.