Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Novo penso de Mercadona Compy Supreme con Salmón fresco e Arroz para cans de razas pequenas.

Penso de Mercadona Compy Supreme con Salmón fresco e Arroz para cans de razas pequenas

25 de septembro de 2017

O novo penso de Mercadona Compy Supreme para cans de razas pequenas é un produto elaborado con ingredientes seleccionados e altamente nutritivos para unha vida activa e plena. Cómpre alimentares o teu can cunha dieta equilibrada e nutricionalmente completa que lle achegue acotío todos os nutrientes necesarios, polo que este alimento foi deseñado para manter un óptimo estado de saúde ao longo da súa vida e un peso corporal axeitado, cubrindo as súas necesidades e achegándolle todo o sabor para o goce da súa comida.

Ingredientes de primeira calidade no penso Compy

O penso de Mercadona Compy Supreme para cans de razas pequenas contén salmón fresco, incorporado en forma de pasta refrixerada, mantendo deste xeito todas as súas cualidades nutricionais, alén doutros ingredientes seleccionados como o ovo, fonte de proteína de elevado valor biolóxico, e o arroz integral e a tapioca, carbohidratos de elevada dixestabilidade e tolerancia dixestiva así como fonte de enerxía.

Beneficios para a miña mascota deste Penso de Mercadona para razas pequenas:

Este produto ten unha serie de vantaxes adicionais grazas aos diversos ingredientes que podemos encontrar na súa composición, como son:

  • FOS + MOS, que axudan a reforzar o sistema inmune e a equilibrar a flora intestinal.
  • Biotina e cinc quelado, que contribúen a mellorar o aspecto do pelo e da pel. Alén diso, o cinc quelado é unha fonte mineral de elevada absorción a nivel intestinal.
  • Complexo antioxidante: vitamina C, vitamina E, Selenio, Taurina e Beta-Carotenos. A achega combinada de todos eles contribúe a neutralizar os radicais libres axudando a retrasar o envellecemento prematuro das células do organismo.
  • Vitamina B6 e C, L-Carnitina, a vitamina C e B6 axudan na formación normal do cartílago. E a L-Carnitina axuda a minimizar a acumulación de graxa corporal contribuíndo a conservar unha masa muscular proporcionada e un peso axeitado.
  • Aceite de peixe e fariña de ouca (Omega 3), son dous ingredientes que incorporan DHA que contribúe no desenvolvemento do cerebro e colabora na función cognitiva.

Compy Supreme con Salmón fresco e Arroz para cans de razas pequenas é un penso de Mercadona moi completo e equilibrado, elaborado con ingredientes de primeira calidade, sendo o salmón fresco o primeiro ingrediente da súa composición.

Foi desenvolvido por veterinarios expertos en nutrición de animais de compañía, de xeito que a dieta a consumiren sexa nutricionalmente completa, para que subministre todos os nutrientes necesarios cotiáns, concentrada, saborosa e de tamaño adaptado para as razas pequenas para nos asegurarmos dunha toma axeitada, para alén de ser moi dixerible con ingredientes de moi alta calidade.

Outras Recomendacións

Recomendamos a lectura de Novas fórmulas de pensos Compy sobre as novas fórmulas desenvolvidas por expertos para satisfacer as necesidades nutricionais dos cans.

Tamén podes descubrir cal é o tipo de penso de Mercadona para can máis axeitado para a túa mascota.