Aprende a preparar unha receita tailandesa de Wok de fideos chineses con gambas.

Viaxa a Tailandia a través da cociña cun delicioso Wok de fideos chineses con gambas

23 de xaneiro de 2024

O Pad Thai é un prato icónico da cociña tailandesa moi popular e estendido por todo o mundo. Sabes como se prepara?

Propoñémosche este Wok de fideos chineses con gambas, a nosa versión do Pad Thai.

O seu sabor exquisito cativa os padais máis esixentes, anímaste a preparalo?

Paso a paso para preparar a nosa receita de Wok de fideos chineses con gambas

Ingredientes para 2 persoas

  • 150 g de gamba pelada conxelada.
  • Aceite de oliva.
  • 200 g de fideos chineses de arroz.
  • 1 cenoria.
  • 3 g de xenxibre fresco.
  • 1 cebola tenra.
  • 1 culleradiña de caiena en po.
  • ½ lata de anchoas.
  • 20 g de doce de marmelo.
  • 2 culleradas de vinagre de mazá.
  • 1 vaso de auga.
  • 1 presada de allos tenros.
  • 2 ovos campeiros.
  • 15 g de cacahuetes.
  • Coandro.
  • 1 lima.

Paso a paso

1. Cociña as gambas uns segundos, nunha tixola ampla ou tipo wok, con aceite de oliva e reserva o resultado nun prato á parte.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

2. Coce os fideos durante 1 minuto nunha pota con auga fervendo.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

3. Corta todas as verduras: cenoria, xenxibre e cebola tenra.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

4. Refoga as verduras na mesma tixola na que cociñaches as gambas.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

5. Engade a caiena e os fideos cocidos e mestúraos.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

6. Para preparar a salsa, engade nun vaso de batedor as anchoas, o marmelo, o vinagre de mazá e a auga, e tritura todo.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

7. Engade a salsa á tixola coas verduras e os fideos, e incorpora allos tenros cortados en anaquiños.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

8. Fai un oco na tixola para cociñar os ovos cun pouco máis de aceite e mestúrao co resto dos ingredientes.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

9. Agrega as gambas que cociñaches previamente, mestura e sirve.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

10. Termina o prato esparexendo o cacahuete picado, engade coandro segundo vos guste e unhas gotiñas de lima.

Cocina con un delicioso Wok tailandés.

Outras recomendacións

Proba outro tipo de sabores! Propoñémosche esta receita de tacos de atún con aguacate.

Se es máis de cociña sinxela mostrámosche 3 receitas con tortillas de trigo.